Publícase un anuncio de corrección de erros das subvencións a clubes deportivos sen ánimo de lucro e deportistas federados/as

Data presentación
Data presentación fin

O BOP número 191 do venres 5 de outubro publica o anuncio de corrección de erros das bases reguladoras para a convocatoria de subvencións a clubes deportivos sen ánimo de lucro e deportistas federados/as polas actividades realizadas e para a preparación das diferentes competicións durante o ano 2018.

Consulta aquí o anuncio completo.

Na Xunta de Goberno Local do 3 de setembro de 2018 aprobáronse as bases reguladoras para a convocatoria de subvencións a clubes deportivos sen ánimo de lucro e deportistas federados/as polas actividades realizadas e para a preparación das diferentes competicións durante o ano 2018. Ditas bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 175 do 13 de setembro de 2018.

Detectado un erro nas mesmas, a Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 1 de outubro de 2018, procedeu á súa corrección, do xeito que se reflicte a continuación:

“1.- No PUNTO 5º.- CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS

Apartado 2º. CRITERIOS PARA DEPORTISTAS FEDERADOS

Punto c)

Onde dí:

“Máxima competición oficial na que participou no ano 2017. Ata 5 puntos máximo”,

debe dicir:

“Máxima competición oficial na que participou no ano 2016. Ata 5 puntos máximo”.

No ANEXO 1.- MODELO DE SOLICITUDE – DEPORTISTAS FEDERADOS/AS

Onde dí:

“COMPETICIÓN OFICIAL NA QUE PARTICIPOU NO ANO 2017 (Marcar a que corresponda)

Internacional Estatal Autonómica Combinado Estatal Combinado Autonómico

debe dicir:

“COMPETICIÓN OFICIAL NA QUE PARTICIPOU NO ANO 2016 (Marcar a que corresponda)

Internacional Estatal Autonómica Combinado Estatal Combinado Autonómico

2.- Modificar o punto 4.3 relativo á presentación de solicitudes de maneira que as solicitudes e a documentación correspondente presentarase dentro do prazo de 15 días hábiles contados dende o día seguinte da publicación deste anuncio no Boletin Oficial da Provincia.”

De acordo co exposto, o prazo de presentación de solicitudes e documentación será de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Publicado en teo.gal o 5 de outubro de 2018.