Publícase a resolución da bolsa de emprego de operario/a de limpeza

Data presentación
Data presentación fin

Publícase a Resolución de Alcaldía  da bolsa de emprego con carácter temporal de operario/a de limpeza do Concello de Teo. 

Consulta aquí a resolución definitiva.

Publicado en teo.gal o 18 de agosto de 2020.

 

 

Publícase o anuncio coa listaxe definitiva das persoas que integran a bolsa de emprego con carácter temporal de operario/a de limpeza do Concello de Teo. 

Consulta aquí o anuncio coa listaxe definitiva.

Publicado en teo.gal o 18 de agosto de 2020.

 

Publícase o anuncio da relación de persoas que aprobaron o exame para a bolsa de emprego con carácter temporal de operario/a de limpeza do Concello de Teo. 

Consulta aquí o anuncio completo. 

Consulta aquí o test coas respostas correctas. 

Na sesión celebrada o 12 de agosto de 2020, o tribunal nomeado por Resolución da alcaldía nº 474/2020, de 3 de xuño, para cualificar o proceso selectivo para a constitución da bolsa de emprego temporal do persoal laboral, categoría de operario/a de limpeza acordou: 

  • Publicar as puntuacións obtidas polas persoas presentadas ao exercicio, que tivo lugar o 12 de agosto de 2020, no lugar que se celebrou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Concello e na web municipal podendo consultar os resultados premendo aquí
  • No caso de empate na puntuación, de acordo co sinalado na base décima da convocatoria, séguese a orde alfabética en vigor aprobada pola Xunta de Galicia que marca a orde de actuación dos aspirantes, correspondendo ao ano 2020 a letra "S". 
  • De acordo co disposto no punto 2 da base novena da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de tres días hábiles para os efectos de alegacións e/ou reclamacións, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no lugar de celebración das probas, no taboleiro e na web municipal. O prazo de reclamacións será do xoves 13 ao luns 17 de agosto (ambos incluídos). 

Publicado en teo.gal o 12 de agosto de 2020. 

Publícase a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso convocado para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de operario/a de limpeza para o Concello de Teo.

Consulta aquí a resolución pola que se aproba a lista definitiva e data de exame

Así mesmo convócase aos membros do tribunal cualificador para o vindeiro día 12 de agosto de 2020, ás 08:00 horas, na Casa Consistorial, ao efecto de constitución do tribunal. A realización do primeiro exercicio terá lugar o día 12 de agosto de 2020, ás 9.00 horas, no Auditorio Municipal Constante Liste, rúa da Lagoa n.º 2, A Ramallosa. As persoas aspirantes deberán portar a documentación identificativa.

Publicado en teo.gal o 3 de agosto de 2020.

Publícase a Resolución da Alcaldía pola que se aproba a lista provisional da bolsa de emprego de operario/a de limpeza. 

Consulta aquí a lista provisional de persoas admitidas e excluídas

De conformidade co previsto na base sétima das Bases reguladoras deste proceso selectivo, as persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos. Dado que a publicación se fai o 24 de xullo de 2020 o prazo para reclamacións esténdese entre os días 27 e 31 de xullo ambos os dous incluídos.

Publicado en teo.gal o 24 de xullo de 2020. 

Publícase o anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de operarios/as de limpeza do Concello de Teo

En virtude do exposto nas Bases específicas o prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, o prazo estenderase entre os días mércores 8 e o martes 21 de xullo, ambos os dous incluídos.

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 84, de data 10 de xuño de 2020, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

Descarga aquí a instancia para participar no proceso selectivo. 

NOTA IMPORTANTE. Tendo en conta a recepción dun elevado número de instancias con anterioridade á apertura do prazo de presentación daquelas, cómpre sinalar o seguinte:

1. Todas aquelas persoas que presentaron no seu momento a súa instancia, deberán novamente presentala xunto coa documentación correspondente, sinalada nas Bases Específicas.

2. As insntancias presentaranse mo Rexistro do Concello ou ben por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (ou naqueloutras previsións normativas concordantes e/ou substitutivas deste artigo), tal e como se indica na Base Quinta da convocatoria. Só neste suposto comunicarase ao Concello a remisión da instancia dentro do prazo de presentación de instancias por fax ao número: 981 809 401, por correo electrónico ao enderezo: rrhh@teo.gal, ou por calquera outro medio polo que quede debidamente acreditado, achegando copia do resgardo da presentación da instancia, indicando como asunto: BOLSA DE EMPREGO – OPERARIO/A DE LIMPEZA. En ningún caso será válida a presentación de instancias por correo electrónico.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de Transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal.

Publicado en teo.gal o 7 de xullo de 2020.

Tal e como figura no anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 84, de data 10 de xuño de 2020, o prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio de aprobación das bases específicas e a convocatoria para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de operario/a de limpeza do Concello de Teo, no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia e mentres non se produza a devandita publicación NON ESTÁ ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS para a constitución da bolsa de emprego, o que publicará oportunamente no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de Transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal.

Así mesmo recórdase que o certificado médico e o xustificante de ter aboados os dereitos de exame deben ter data do prazo de presentación de instancias. Este prazo abrirase cando o anuncio de convotaria se publique no Diario Oficial de Galicia.

Publícase no BOP número 84 do 10 de xuño o anuncio da convocatoria e bases específicas do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de limpeza do concello de Teo.

Por resolución da Alcaldía nº 474/2020 do Concello de Teo de data 3 de xuño de 2020, aprobáronse a convocatoria e as bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de operario/a de limpeza no Concello de Teo.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria.

Publicado en teo.gal o 10 de xuño  de 2020.