Publícase a proposta de concesión de axudas para o ensino e o transporte para o curso 2018/19

Data presentación
Data presentación fin

Publícase a proposta da comisión avaliadora de concesión de axudas para o ensino e o transporte do Concello de Teo para o curso académico 2018/19 aprobada na Xunta de Goberno Local celebrada o 6 de maio de 2019.

Consulta aquí a listaxe completa coa proposta de concesión de axudas

Publicado en teo.gal o 7 de maio de 2019.

Examinadas as solicitudes presentadas na convocatoria de axudas de ensino e transporte escolar 2018/19 pola comisión avaliadora de acordo co previsto nas bases da convocatoria publicada no BOP nº 237 de data 13/12/2018 e vista a base oitava, ábrese un prazo de 10 días hábiles, que abarcará dende o día 09/04/2019 ao 24/04/2019, ambos inclusive, para que os representantes legais do alumnado (pais, nais ou titores) ou ben o alumnado solicitante maior de 18 anos, subsanen ou acompañen a documentación sinalada na seguinte táboa. Asimesmo, advírtese de que se non presentan a documentación no prazo mencionado, considerarase que desisten da súa petición, de conformidade co que dispón o artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Consulta aquí a listaxe de subsanación completa

Publicado en teo.gal o 8 de abril de 2019.

O BOP número 237 do xoves 13 de decembro de 2018 publica as bases reguladoras da convocatoria de axudas para o ensino e o transporte do Concello de Teo para o curso 2018/19.

O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria pública que efectúa o Concello de Teo para a concesión de bolsas de estudo para os gastos de material escolar, libros de texto e contidos dixitais destinados a favorecer a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos.

Destinatarios/as e requisitos.

Para ser beneficiario destas axudas é preciso cumprir os seguintes requisitos:

  1. Cursar estudos nalgún dos seguintes centros de ensino para os que se solicita a axuda:

-PRIMARIA E INFANTIL: todos os centros públicos do Concello (CEIP A Ramallosa, Os Tilos, Calo e CRA)

-ESO: IES de Cacheiras e Pontepedriña e alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de ESO que non exista nos centros anteriores.

-FP OU PCPI: calquera centro público

-BACHARELATO: IES de Cacheiras , IES de Pontepedriña e o alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de Bacharelato que non exista nos centros anteriores.

-UNIVERSITARIOS: calquera universidade galega.

-ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL-ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES:Calquera centro galego.

-O ALUMNADO cuxasnecesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda para a asistencia a un Centro de Educación Especial, aínda que non estea localizado no Concello.

  1. Que a renda per cápita familiar non supere os límites establecidos na base sexta da presente convocatoria.

  2. Estar empadroado no Concello de Teo e ser fillo dependente economicamente. Non pode beneficiarse destas axudas o alumnado que non sexa dependente economicamente. Consideraranse fillos dependentes economicamente os menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita a axuda sempre que non teñan un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano 2018.

  3. Presentar certificado de matrícula (ou resgardo de ter pagada a matrícula, selado pola entidade bancaria) do/a alumno/a para o curso 2018/2019 (agás alumnos/as de Primaria, Infantil e ESO).

  4. Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario, recollidas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

  5. As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais ou os titores, e no caso de alumnos/as de entre 18 e 25 anos poderán facelo tamén os propios beneficiarios.

  6. Poderán ser beneficiarios da axuda de transporte os estudantes dos centros situados fóra da área metropolitana. Alumnado de:

    1. Formación Profesional

    2. PCPI

    3. Universitarios

    4. Alumnado de Bacharelato que curse estudios no IES de Pontepedriña, ou noutro IES nalgunha modalidade que non se imparta no municipio.

    5. Alumnado de ensinanzas artísticas superiores.

Lugar e prazo para solicitar as axudas:

  • A solicitude presentarase no rexistro xeral do Concello de Teo, de luns a venres en horario de 8:00 a 14:00 horas, ou ben a través da sede electrónica (dispoñible durante as 24 h dos 365 días do ano), ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia. A publicación no BOP é do 13 de decembro de 2018 polo que o prazo remata o 14 de xaneiro de 2019.

Consulta aquí as bases completas da convocatoria na que podes ver a os requerimentos de documentación e a solicitude.