Publícase o resultado so segundo exercicio e proposta de nomeamento do proceso de selección de traballador/a social

Data presentación
Data presentación fin

Realizado o segundo exercicio do proceso selectivo de traballado/a social publícase o resultado así como a proposta de nomeamento.

Consulta aquí o resultado e a proposta de nomeamento.

Publicada en teo.gal o 10 de decembro de 2018.

Publícase un anuncio de reclamación presentada en relación ao primeiro exercicio da fase de oposición.

Consulta aquí o anuncio completo

Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2018

Publícase o resultado do primeiro exercico (test) da fase de oposición para a selección de persoal laboral interino/a, para cubrir a praza de traballador/a social do Concello.

Consulta aquí o resultado

O tribunal acorda convocar ás aspirantes que aprobaron o exame para a celebración da segunda proba da fase de oposición, (realización por escrito dun suposto práctico de desenvolvemento que estarán relacionados coas materias do programa), o día 10 de decembro ás 09:30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello. O tribunal reunirase, ás 08:30 horas do mesmo día, para determinar o suposto desta segunda proba.

De acordo co disposto no apartado 2B) das Bases específicas da convocatoria, o exercicio deberá ser lido polos/as aspirantes en sesión pública ante o tribunal de selección, o cal terá lugar o mesmo día da realización do exercicio, unha vez rematado o mesmo.

Consulta aquí o patrón do primeiro exercicio

Publicado en teo.gal o 28 de novembro de 2018

Publícase o resultado da valoración definitiva de méritos da praza de traballador/a social do Concello de Teo despois de que o tribunal revisara as reclamacións presentadas contra a valoración de méritos publicada.

Consulta aquí a valoración de méritos definitiva

Publicado en teo.gal o 23 de novembro de 2018.

O tribunal do proceso selectivo de traballador/a social publica a valoración da fase de concurso de méritos e a data do primeiro exercicio da fase de oposición.

Consulta aquí a valoración

Ábrese un período de cinco días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio na páxina web e no taboleiro de edictos do Concello, para formular as alegacións que consideren oportunas. O prazo de alegacións remata o 20 de novembro de 2018.

O tribunal convoca ós/ás aspirantes para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición que terá lugar o vindeiro día 27 de novembro ás 11:30 horas no Auditorio Constante Liste (Rúa da Lagoa, número 2-15883 Lucí. Teo).

Os/as aspirantes deberán asistir provistos do DNI.

Publicado en teo.gal o 13 de novembro de 2018.

Por Resolución da Alcaldía do 27 de abril de 2018 (res 372/18) aprobouse a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as do proceso para a selección e contratación, como persoal laboral interino, polo sistema de concurso-oposición, dun posto de TRABALLADOR/A SOCIAL do concello de Teo, dispoñendo, as persoas excluídas ou omitidas dun prazo de 5 días hábiles desde a publicación da lista provisional no taboleiro e na web municipal.

Consulta aquí a lista definitiva

Publicado en teo.gal o 28 de agosto de 2018

 

 

 

Por resolución da alcaldía aprobouse a lista provisional de persoas admitidas e excluídas para a selección e contratación, como laboral interino, polo sistema de concurso oposición, dun traballador/a social para o Concello de Teo. 

Consulta aquí a lista provisional

As persoas excluídas, así como as omitidas na relación de admitidas ou excluídas, disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación da citada resolución no taboleiro e na web municipal, para corrixir os defectos que motivaran a súa exclusión ou omisión na lista de admitidos e excluídos. 

O prazo de cinco días para enmendas á súa exclusión ou omisión contará dende o 2 ata o 8 de maio. 

As persoas que dentro do prazo non enmendasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito á inclusión na lista de admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo. De non se presentaren reclamacións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva. 

Publicado en teo.gal o 30 de abril de 2018

Publícanse as bases específicas da convocatoria para a selección e contratación, como persoal laboral interino/a ata a cobertura de vacante, dun/dunha traballador social, técnico medio, subgrupo A2, do Concello de Teo

Consulta o anuncio publicado no BOP número 43 do 2 de marzo

Consulta aquí as bases xerais da convocatoria

Consulta aquí as bases específicas da praza de traballador/a social

As solicitudes/instancias para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura como anexo nas respectivas bases específicas, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 h, e no prazo de quince (15) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no BOP da Coruña. Do mesmo xeito, as ditas solicitudes poderanse presentar por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (ou naquelas outras previsións normativas concordantes e/ou substitutivas deste artigo). Neste caso deberá comunicarse ao Concello a remisión da solicitude dentro do prazo de presentación de instancias, por fax, correo electrónico, ou calquera outro medio polo que quede debidamente acreditado.