Publícase o resultado provisional da selección da dirección, docente e alumnado do obradoiro de emprego Reforesta

Data presentación

Publícase o resultado provisional da selección de persoal de dirección do obradoiro "Reforesta" (Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas (AGAR0208).

Consulta aquí o resultado provisional dos/as aspirantes

O prazo de alegacións remata o 10 de outubro ás 14:00 horas.

Publicado en teo.gal o 9 de outubro de 2018.

Dentro do proceso de selección do profesorado para o obradoiro de emprego Reforesta publícanse os resultados da baremación dos/as aspirantes a director/a e a mestre/a do obradoiro.

Consulta aquí a listaxe coa baremación

O prazo de reclamacións a esta baremación remata o 8 de outubro ás 14:00 horas.

Os/as candidatos/as serán citados/as para a entrevista, que se realizará o día 5 de outubro na oficina de emprego ás 12:30 horas, mediante chamada de teléfono.

Publicado en teo.gal o 3 de otubro do 2018.

Publícanse as bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal do obradoiro de emprego Reforesta.

Consulta aquí as bases completas.

O obradoiro de emprego "Reforesta" é un programa mixto de emprego e formación dirixida a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, financiado por fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal, e promovido polo Concello de Teo.

A especialidade a impartir é/son a/s seguintes:

  • Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas (AGAR02208) (8 alumnos/as).

Publicado en teo.gal o 26 de setembro de 2018.