Publícase o resultado do segundo exame no proceso selectivo de técnico/a informático/a e puntuacións finais

Data presentación
Data presentación fin

Publícanse os resultados da realización da segunda proba da fase de oposición (suposto práctico), e puntuacións finais no proceso selectivo de técnico informático.

Consulta aquí o resultado do segundo exercicio.

Á vista das puntuacións finais o tribunal propón á alcaldía a contratación do aspirante D. Roberto Fernández Leis para a cobertura, como persoal laboral interino ata a cobertura da vacante, da praza de técnico informático, facendo constar que non procede a creación da bolsa de traballo recollida nas bases por non haber máis aspirantes que superasen o proceso selectivo.

Publiado en teo.gal o 14 de novembro de 2018.

Publícase o anuncio sobre a reclamación a preguntas do primeiro exame tipo test do proceso selectivo de técnico/a informático/a.

O tribunal cualificador, reunido en sesión celebrada o 9 de novembro de 2018 resolveu a reclamación formulada por parte de Eladio Fernández Barrigüete, contra as preguntas 29 e 31 do primeiro exercico tipo test do citado proceso. 

Consulta aquí o anuncio completo co resultado da reclamación.

Publicado en teo.gal o 9 de novembro de 2018.

O vindeiro 13 de novembro de 2018, ás 11:00 horas, no Salón de plenos da Casa do Concello, terá lugar, tal e como foi publicado, a segunda proba da fase de oposición, para a selección dun técnico/a informático/a (realización por escrito dun suposto práctico de desenvolvemento que estarán relacionados coas materias do programa".

De acordo do disposto no apartado 2B) das Bases específicas da convocatoria, o exercicio deberá ser lido polos/as aspirantes en sesión pública ante o tribunal de selección, o cal terá lugar o mesmo día da realización do exercicio, unha vez rematado o mesmo.

Consulta aquí o anuncio

Publicado en teo.gal o 6 de novembro de 2011

Publícase o resultado do primeiro exercicio da fase de oposición para a selección e contratación, como persoal laboral interino, dun/ha técnico/a informático do Concello de Teo.

Consulta aquí o resultado do primeiro exercicio

Convócase aos aspirantes que superaron o primeiro exercicio para a celebración da segunda proba da fase de oposición, (realización por escrito dun suposto práctico de desenvolvemento que estarán relacionados cos materias do programa), para o día 13 de novembro de 2018, ás 11:00 horas, no Salón de plenos do Concello.

Publícase o patrón do primeiro exercicio da fase de oposición para a selección e contratación, como persoal laboral interino, dun/ha técnico/a informático do Concello de Teo.

Consulta aquí o patrón do primeiro exercicio

Publicado en teo.gal o 31 de outubro de 2018

Publícase o resultado da valoración defintiva de méritos da praza de técnico informático do Concello de Teo.

Consulta aquí o resultado definitivo, unha vez resoltas as alegacións presentadas.

Publicado en teo.gal o 30 de outubro de 2018.

Publícase a valoración da fase de concurso de méritos e convocatoria do primeiro exercicio de fase de oposición do proceso selectivo de ténico/a informático.

Consulta aquí o resultado da valoración de méritos

Ábrese un período de cinco días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio na páxina web e no taboleiro de edictos do Concello, para formular as alegacións que se consideren oportunas.

O tribunal convoca ós/ás aspirantes á práctica do primeiro exercicio da fase de oposición que terá lugar o vindeiro día 30 de outubro de 2018 ás 12:30 horas no salón de plenos do Concello de Teo (Travesía da Ramallosa, número 38. Teo). Os/as aspirantes deberán asistir provistos do DNI.

O prazo para as reclamacións remata o 18 de outubro.

Publicado en teo.gal o 10 de outubro de 2018.

Por Resolución da Alcaldía do 27 de abril de 2018 (res 372/18) aprobouse a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as do proceso para a selección e contratación, como persoal laboral interino, polo sistema de concurso-oposición, dun posto de TÉCNICO/A INFORMÁTICO/A do concello de Teo, dispoñendo, as persoas excluídas ou omitidas dun prazo de 5 días hábiles desde a publicación da lista provisional no taboleiro e na web municipal, para corrixir os defectos que motivaran a súa exclusión ou a súa omisión da lista de admitidos/as.

Consulta aquí a lista definitiva

Publicado en teo.gal o 28 de agosto de 2018

Por resolución da alcaldía aprobouse a lista provisional de persoas admitidas e excluídas para a selección e contratación, como laboral interino, polo sistema de concurso oposición, dun técnico/a informático/a para o Concello de Teo. 

Consulta aquí a lista provisional

As persoas excluídas, así como as omitidas na relación de admitidas ou excluídas, disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación da citada resolución no taboleiro e na web municipal, para corrixir os defectos que motivaran a súa exclusión ou omisión na lista de admitidos e excluídos. 

O prazo de cinco días para enmendas á súa exclusión ou omisión contará dende o 2 ata o 8 de maio. 

As persoas que dentro do prazo non enmendasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito á inclusión na lista de admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo. De non se presentaren reclamacións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva. 

Publicado en teo.gal o 30 de abril de 2018

Publícanse as bases específicas da convocatoria para a selección e contratación, como persoal laboral interino/a ata a cobertura de vacante, dun/dunha técnico/a informático/a, técnico/a medio, subgrupo A2, do Concello de Teo

Consulta o anuncio publicado no BOP número 43 do 2 de marzo de 2018

Consulta aquí as bases xerais da convocatoria

Consulta aquí as bases específicas da praza de técnico/a informático/a

As solicitudes/instancias para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura como anexo nas respectivas bases específicas, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 h, e no prazo de quince (15) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no BOP da Coruña. Do mesmo xeito, as ditas solicitudes poderanse presentar por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (ou naquelas outras previsións normativas concordantes e/ou substitutivas deste artigo). Neste caso deberá comunicarse ao Concello a remisión da solicitude dentro do prazo de presentación de instancias, por fax, correo electrónico, ou calquera outro medio polo que quede debidamente acreditado.