Publícase o resultado do segundo exame do proceso selectivo de conserxe/enterrador/a e proposta de nomeamento

Data presentación
Data presentación fin

Publícase o resultado do segundo exame do proceso selectivo de conserxe/enterrador/a e proposta de nomeamento.

Consulta aquí o resultado do segundo exercicio da fase de oposición.

Á vista das puntuacións obtidas no proceso selectivo, o tribunal propón á alcaldía a contratación, como persoal laboral interino, ata a cobertura da vacante, para a praza de conserxe/enterrador, de D. José Ignacio Vázquez Bascoy.

Publicado en teo.gal o 23 de novembro de 2018.

Publícase a puntuación do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo de conserxe/enterrador para o Concello de Teo.

Consulta aquí o resultado do primeiro exercicio e data do segundo exercicio.

Igualmente, convócase aos aspirantes que acadaron unha puntuación mínima de 5 puntos no 1º exame para a realización do segundo exercicio da fase de oposición para o vindeiro MÉRCORES 21 DE NOVEMBRO DE 2018 ÁS 11:00 HORAS NO EDIFICIO SOCIOCULTURAL CONSTANTE LISTE (RÚA DA LAGOA, NÚMERO 2-RAMALLOSA-TEO).

Os aspirantes acudirán provistos de DNI para a realización do segundo exercicio.

Publicado en teo.gal o 22 de outubro de 2018

Publícase o patrón do primeiro exame do proceso selectivo de conserxe/enterrador/a.

Consulta aquí o patrón

Publícase un anuncio dentro do proceso de selectivo de conserxe enterrador. No citado anuncio infórmase da revisión das alegacións presentadas á baremación e publícase a puntuación definitiva da fase de concurso.

Consulta quí a puntuación definitiva

En relación co primeiro exercicio deste proceso selectivo previsto para o xoves 18 de outubro ás 12:30 horas o Tribunal realizará o chamamento dos aspirantes, NO EDIFICIO SOCIOCULTURAL CONSTANTE LISTE (RÚA DA LAGOA, 2-RAMALLOSA-TEO) ÁS 12:30 HORAS, como estaba previsto. E así mesmo informa, que por circunstancias sobrevidas, o exame terá lugar no SALÓN DE PLENOS MUNICIPAL.

Publicado en teo.gal o 16 de outubro de 2018.

Publícase a baremación de méritos da fase de concurso e convocatoria do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo de conserxe/enterrador.

Consulta aquí o resultado da baremación

Ábrese un período de cinco días hábiles a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio na páxina web do Concello a fin de que os/as interesados/as poidan formular alegacións. O prazo de alegacións remata o xoves 4 de outubro.

O Tribunal convoca ós/ás aspirantes para a realización do primeiro exercicio o vindeiro xoves 18 de outubro de 2018 ás 12:30 horas no Edificio SocioCultural Constante Liste (Rúa da Lagoa, número 2. A Ramallosa. Teo). Os/as aspirantes deben asistir provistos do DNI.

Publicado en teo.gal o 27 de setembro de 2018

Resolución da Alcaldía do 27 de abril de 2018 (res 370/18) aprobouse a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as na convocatoria para a selección e contratación, como persoal laboral interino, polo sistema de concurso-oposición, dun posto de CONSERXE/ENTERRADOR/A do Concello de Teo, dispoñendo, as persoas excluídas ou omitidas dun prazo de 5 días hábiles desde a publicación da resolución da lista provisional no taboleiro e na web municipal.para corrixir os defectos que motivaran a súa excllusión ou a súa omisión da lista de admitidos/as.

Consulta aquí a lista definitiva

Publicado en teo.gal o 28 de agosto de 2018

Publícase unha corrección de erros á lista provisional da praza de conserxe-enterrador/a (Resolución 370/18)

Despois de detectar un erro na resolución pola que se aprobaba a lista provisional do citado proceso selectivo publícase esta corrección que lle afecta a unha das aspirantes, Manteiga Iglesias, José Antonio, no que se refire aos motivos de exclusión. Esta persoa terá un prazo de cinco días hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación da resolución na web e no taboleiro para corrixir o seu motivo de exclusión do proceso. O prazo para Manteiga Iglesias, José Antonio, remata o 14 de maio de 2018. 

Consulta aquí a corrección de erros completa

Publicado en teo.gal o 4 de maio de 2018

Por resolución da alcaldía aprobouse a lista provisional de persoas admitidas e excluídas para a selección e contratación, como laboral interino polo sistema de concurso oposición, dun conserxe-enterrador para o Concello de Teo. 

Consulta aquí a lista provisional

As persoas excluídas, así como as omitidas na relación de admitidas ou excluídas, disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación da citada resolución no taboleiro e na web municipal, para corrixir os defectos que motivaran a súa exclusión ou omisión na lista de admitidos e excluídos. 

O prazo de cinco días para enmendas á súa exclusión ou omisión contará dende o 2 ata o 8 de maio. 

As persoas que dentro do prazo non enmendasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito á inclusión na lista de admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo. De non se presentaren reclamacións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva. 

Publicado en teo.gal o 30 de abril de 2018

Publícanse as bases específicas da convocatoria para a selección e contratación, como persoal laboral interino/a ata a cobertura de vacante, dun/dunha conserxe enterrador/a, operario especialista, subgrupo AP, do Concello de Teo.

Consulta o anuncio publicado no BOP número 43 do 2 de marzo

Consulta aquí as bases xerais da convocatoria

Consulta aquí as bases específicas da praza de conserxe-enterrador

As solicitudes/instancias para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura como anexo nas respectivas bases específicas, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 h, e no prazo de quince (15) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no BOP da Coruña. Do mesmo xeito, as ditas solicitudes poderanse presentar por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (ou naquelas outras previsións normativas concordantes e/ou substitutivas deste artigo). Neste caso deberá comunicarse ao Concello a remisión da solicitude dentro do prazo de presentación de instancias, por fax, correo electrónico, ou calquera outro medio polo que quede debidamente acreditado.