Publícase o resultado do proceso selectivo dun técnico/a de turismo

Data presentación
Data presentación fin

Publícase o resultado do proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico de turismo para o Concello de Teo.

Consulta aquí o resultado

En virtude dos resultados obtidos, e de acordo coas bases que rexen a convocatoria, o tribunal propón á alcaldía a contratación de Dna. Liduvina L. Campoamor Sánchez como técnica de turismo para o Concello de Teo.

Publicado en teo.gal o 4 de xuño de 2018

Publícase o resultado definitivo da baremación de méritos do proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico/a de turismo.

Reunido o 1 de xuño o tribunal para a contratación laboral-temporal dun/ha técnico/a de turismo para o Concello de Teo, ponse de manifesto a existencia dalgúns erros na valoración de méritos dunha das aspirantes (Mª Eulalia López López), procedéndose á súa corrección, e desestímase o solicitado por outra das aspirantes (Mª del Rosario Canicoba Castro), mediante solicitude de 1 de xuño de 2018 (rex. de entrada nº 4104), ao terse en conta os cursos cuxa valoración pretende a interesada, quedando a valoración de méritos, de xeito definitivo, como queda premendo aquí

O tribunal lembra que os/as candidatos/as están emprazados/as na Casa Común de Oza, para a celebración da fase de oposición, o 1 de xuño ás 13:30 horas. 

Publicado en teo.gal o 1 de xuño de 2018

Reunida a comisióni de selección para a contratación laboral-temporal dun/ha técnico/a de turismo para o Concello de Teo, dacordo coa subvención concedida ó efecto pola Deputación da Coruña, e realizadas as valoracións de méritos publícase a listaxe coas valoracións.

Consulta aquí a listaxe coa valoración dos/as aspirantes

A comisión de selección acorda emprazar aos candidatos na Casa Común de Oza, para a celebración da fase de oposición, o venres 1 de xuño ás 13:30 horas. As/os candidatos/as deben presentar o documento de identidade para a súa identificación.

Podes ver a localización da Casa Común de Oza premendo aquí

Publícase tamén a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico/a de turismo para o Concello de Teo.

Consulta aquí a listaxe definitiva

Publicado en teo.gal o 30 de maio de 2018

Publícase a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico/a de turismo para o Concello de Teo.

Consulta aquí a listaxe

Os/as aspirantes excluídos/as, ou os/as omitidos/as, na relación de persoas admitidas e excluídas, disporán dun prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da publicación da listaxe na web e no taboleiro do Concello para reclamacións ou subsanación de defectos. Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo. De non se presentar reclamacións ou subsanacións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva.

O prazo de subsanación remata o martes 29 de maio.

Publicado en teo.gal o 24 de maio de 2018

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, dun/dunha técnico de turismo para o Concello de Teo. Parte da contratación está subvencionada, cunha contía de 18.296,80 €, pola Deputación Provincial de A Coruña, a través do Programa de subvencións dirixido aos Concellos e agrupacións de Concellos da Provincia de A Coruña de menos de 50.000 habitantes para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo durante o exercicio 2018, publicada no BOP nº235 do 13 de decembro de 2017.

O contrato efectuarase a tempo completo, terá unha duración de oito meses, e a modalidade será a dun contrato temporal eventual por circunstancias da produción (mod.402).

A persoa seleccionada incorporarase na área de Turismo, dependente da Concellaría de Turismo, Transporte, Comercio e Emprego do Concello.

Para participar no presente concurso-oposición os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), para os nacionais doutros Estados. Así, segundo o artigo citado:

- Os nacionais dos Estados membros da Unión Europea poderán acceder, como persoal funcionario en igualdade de condicións que os españois ós empregos públicos, con excepción de aqueles que directa ou indirectamente impliquen unha participación no exercicio do poder público ou nas funcións que teñen por obxecto a salvagarda dos intereses do Estado ou das Administracións Públicas (art. 57.1)

- As previsións do apartado anterior serán de aplicación, calquera que sexa a súa nacionalidade, ao cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito e ós seus descendentes e ós do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de dita idade dependentes.

- O acceso o emprego público como persoal funcionario, estenderase igualmente ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, nos termos establecidos no apartado 1 deste artigo.

- Os estranxeiros ós que se refiren os apartados anteriores, así como os estranxeiros con residencia legal en España poderán acceder ás Administracións Públicas, como persoal laboral, en igualdade de condicións que os españois.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

c) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. 

d) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público.

e) Posuír, como mínimo, o carné de conducir tipo B1.

f) Atendendo ao establecido no apartado 3 das bases de convocatoria do Programa DP0029/2018, as persoas a contratar deberán estar en posesión dalgún dos seguintes títulos:

1.- Técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turística ou equivalente.

2.- Técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou equivalente.

3.- Grao ou diplomado en Turismo ou equivalente homologado.

4.- Grao ou licenciatura en Historia da Arte.

5.- Grao ou licenciatura en Humanidades.

6.- Grao ou licenciatura en Xeografía e Ordenación do Territorio.

7.- Grao ou licenciatura en Historia.

g) Estar en posesión do CELGA 4 ou dun título equivalente ou superior. Se a persoa proposta para a contratación non cumpre este requisito, terá que superar unha proba oral e escrita de coñecemento do nivel de Galego esixido.

Terceira.- Presentación de solicitudes.

O Concello de Teo procederá á publicación do anuncio da convocatoria da contratación na páxina Web do Concello: www.teo.gal, no taboleiro de anuncios e no BOP número 81 de 30 de abril de 2018.

As e os aspirantes interesados no posto de traballo terán que presentar unha instancia (Anexo II), dirixida ao sr. alcalde, dentro do prazo de dez días naturais (a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOP), no Rexistro Xeral do Concello de Teo, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Neste caso, os/as aspirantes deberán comunicarlle ao Concello a remisión da solicitude mediante fax (981809401) ou mail (alcaldia@teo.gal), durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias.

Na instancia farase constar que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nestas bases e a acompañará da seguinte documentación:

- Documento de identidade (DNI, NIE, Pasaporte).

- Documentación esixida na base segunda.

- Declaración xurada, acreditativa de non padecer enfermidade ou minusvalía que impida exerce-la función propia a desenvolver (Anexo III).

- Carné de conducir tipo B.

- Méritos: En ningún caso serán valorados aqueles méritos que non fosen alegados no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias, nin aqueles documentos que non conteñan os datos que segundo as presentes bases sexan necesarios para valorar os méritos a que se refiren.

Consulta as bases completas da convocatoria de contratación dun/ha técnico/a de turismo premendo aquí

Publicado en teo.gal o 30 de abril de 2018