Publícase o nomeamento e lista de agarda da praza de tractorista

Data presentación
Data presentación fin

Publícase o nomeamento de D. Francisco Martínez Parajó, para cubrir en réxime de interinidade, e como persoal laboral, a praza de tractorista.

Consulta aquí a resolución de nomeamento.

Tamén se publica a resolución para establecer a lista de agarda para a praza de tractorista.

Consulta aquí a listaxe de agarda.

Publicado en teo.gal o 28 de febreiro de 2019.

Rematado o segundo exercicio da fase de oposición para a selección e contratación, como persoal laboral interino, dun/ha tractorista para o Concello de Teo, publícase a puntuación obtida por cada aspirante. Tamén se publica a puntuación total dos aspirantes que superaron o proceso selectivo así como a proposta de contratación do tribunal de D. Francisco Martínez Parajó.

Consulta aquí os resultados do segundo exercicio e a puntuación total

Publicado en teo.gal o 30 de outubro de 2018.

Publícase o resultado do primeiro exercico da fase de oposición para a selección e contratación, como persoal laboral interino, dun/ha tractorista para o Concello de Teo.

Consulta aquí o resultado do primeiro exercicio.

Tamén se convoca aos aspirantes que acadaron unha puntuación mínima de 5 puntos no 1º exame para a realización do segunto exercicio da fase de oposición (proba práctica) para o vindeiro XOVES 25 DE OUTUBRO DE 2018.

Os aspirantes deberán comparecer, provistos do DNI, no Edificio sociocultural Constante Liste (rúa da Lagoa, 2-Ramallosa-Teo) de acordo coa seguinte orde de actuación, (comezando pola letra G, DOG número 19 de 26/01/2018).

Consulta queí os horarios e persoas de cada quenda

Publícase tamén o patrón do primeiro exercicio.

Consulta aquí o patrón do primeiro exercicio

Publicado en teo.gal o 11 de outubro de 2018.

Rematado o prazo de alegacións previstos nas bases xerais da convocatoria no proceso selectivo de tractorista publícase o resultado da baremación definitivo.

Consulta aquí o anuncio completo

Publicado en teo.gal o 4 de outubro de 2018.

Publícase a baremación méritos da fase de concurso e convocatoria do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo de tractorista.

Consulta aquí o resultado da baremación

Ábrese un período de cinco días hábiles a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio na páxina web do Concello a fin de que os/as interesados/as aleguen o que ao seu dereito conveña. O prazo de alegacións remata o martes 2 de outubro.

O Tribunal convoca ós/ás aspirantes para a realización do primeiro exercicio o vindeiro mércores día 10 de outubro de 2018 ás 12:30 horas no Edificio SocioCultural Constante Liste (Rúa da Lagoa, número 2. A Ramallosa. Teo). Os/as aspirantes deben asistir provistos do DNI.

Publicado en teo.gal o 25 de setembro de 2018

Mediante resolución da alcaldía publícase a renuncia dunha das persoas nomeadas no tribunal de selección do posto de tractorista e o nomeamento dunha nova persoa.

Consulta aquí a resolución completa

Publicado en teo.gal o 11 de setembro de 2018

Resolución da Alcaldía do 27 de abril de 2018 (res 369/18) aprobouse a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as na convocatoria para a selección e contratación, como persoal laboral interino, polo sistema de concurso-oposición, dun posto de TRACTORISTA do Concello de Teo, dispoñendo, as persoas excluídas ou omitidas dun prazo de 5 días hábiles desde a publicación da resolución da lista
provisional no taboleiro e na web municipal para corrixir os defectos que motivaran a súa exclusión ou a súa omisión da lista de admitidos/as.

Consulta aquí a lista definitiva

Publicado en teo.gal o 28 de agosto de 2018

Por resolución da alcaldía aprobouse a lista provisional de persoas admitidas e excluídas para a selección e contratación, como laboral interino, polo sistema de concurso oposición, dun tractorista para o Concello de Teo. 

Consulta aquí a lista provisional

As persoas excluídas, así como as omitidas na relación de admitidas ou excluídas, disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación da citada resolución no taboleiro e na web municipal, para corrixir os defectos que motivaran a súa exclusión ou omisión na lista de admitidos e excluídos. 

O prazo de cinco días para enmendas á súa exclusión ou omisión contará dende o 2 ata o 8 de maio. 

As persoas que dentro do prazo non enmendasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito á inclusión na lista de admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo. De non se presentaren reclamacións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva. 

Publicado en teo.gal o 30 de abril de 2018

Publícanse as bases específicas da convocatoria para a selección e contratación, como persoal laboral interino/a ata a cobertura de vacante, dun/dunha tractorista, oficial de primeira, subgrupo C2, do Concello de Teo.

Consulta o anuncio publicado no BOP número 43 do 2 de marzo

Consulta aquí as bases xerais da convocatoria

Consulta aquí as bases específicas da praza de tractorista

As solicitudes/instancias para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura como anexo nas respectivas bases específicas, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 h, e no prazo de quince (15) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no BOP da Coruña. Do mesmo xeito, as ditas solicitudes poderanse presentar por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (ou naquelas outras previsións normativas concordantes e/ou substitutivas deste artigo). Neste caso deberá comunicarse ao Concello a remisión da solicitude dentro do prazo de presentación de instancias, por fax, correo electrónico, ou calquera outro medio polo que quede debidamente acreditado.