Publícase o nomeamento e lista de agarda da praza de bibliotecario

Data presentación
Data presentación fin

Publícase o nomeamento de D. Alberto E. Llano, para cubrir en réxime de interinidade, e como persoal laboral, a praza de bibliotecario.

Consulta aquí a resolución de nomeamento e listaxe de agarda.

Publicado en teo.gal o 28 de febreiro de 2019.

Publícanse os resultados da realización da segunda proba da fase de oposición do proceso selectivo de bibliotecario/a.

Consulta aquí os resultados

O tribunal fai públicas as puntuacións obtidas no segundo exercicio, así como a puntuación final correspondente ós/ás aspirantes que superaron os dous exercicios da fase de oposición. O tribunal propón á alcaldía a contratación do aspirante D. Alberto Esteban Llano Fontenla, para a cobertura, como persoal laboral interino ata a cobertura da vacante, da praza de bibliotecario.

Consulta aquí o anuncio coa proposta de nomeamento

Publicado en teo.gal o 18 de febreiro de 2019.

Publícase o resultado da revisión da corrección do primeiro exercicio (test) da fase de oposición para a selección de persoal laboral interino/a, para cubrir a praza de bibliotecario/a do Concello de Teo.

O 7 de febreiro de 2019 reúnese o Tribunal co obxecto de proceder á revisión da corrección dos exames tipo test realizados o 16/01/2019, unha vez advertida a errónea formulación no test da pregunta número 7 relativa ao EBEP, materia que non forma parte do temario indicado nas bases específicas da convocatoria.

Publícase o resultado definitivo da cualificación dos/as aspirantes que podes consultar aquí

O tribunal acorda recordar aos/ás aspirantes que aprobaron o exame o que se lles convoca par aa celebración da segunda proba da fase de oposición, (realización por escrito dun suposto práctico de desenvolvemento que estarán relacionados coas materias do programa), o día 13 de febreiro de 2019 ás 09:30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello. O tribunal reunirase, ás 08:30 horas do mesmo día, para determinar o suposto desta segunda proba.

De acordo co disposto no apartado 2B) das Bases específicas da convocatoria, o exercicio deberá ser lido polos/as aspirantes en sesión pública ante o tribunal de selección, o cal terá lugar o mesmo día da realización do exercicio, unha vez rematado o mesmo.

Publicado en teo.gal o 7 de febreiro de 2019.

Publícase a corrección de erro da data da segunda proba (realización por escrito dun suposto práctico de desenvolvemento que estará relacionado coas materias do programa) da fase de oposición para a selección de persoal laboral interino/a, para cubrir a praza de bibliotecario/a do Concello de Teo.

Advertido un erro no anuncio de data 17 de xaneiro no que se publicaba o resultado da primeira proba da fase de oposición, exame tipo test, para cubrir a praza de bibliotecario/a do Concello de Teo e se convoca aos aspirantes que aprobaron o exame para a celebración da segunda proba da fase de oposición, procédese polo presente á súa corrección, de tal xeito que onde di: "...o día 16 de febreiro de 2019 ás 09:30 horas no Salón de plenos da Casa do Concello...", debe dicir: "...O día 13 de febreiro ás 09:30 horas no Salón de plenos da Casa do Concello...".

Consulta aquí a corrección de erros.

Publicado en teo.gal o 24 de xaneiro de 2019.

Publícanse os resultados do primeiro exercicio (test) da fase de oposición para a selección de persoal laboral interino/a, para cubrir a praza de bibliotecario/a do Concello de Teo.

Consulta o resultado do primeiro exercicio premendo aquí

Consulta aquí o patrón cos resultados do primeiro exercicio

O tribunal acorda convocar ós/ás aspirantes que aprobaron o exame para a celebración da segunda proba da fase de oposición, (realización por escrito dun suposto práctico de desenvolvemento que estarán relacionados coas materias do programa), o día 16 de febreiro de 2019 ás 09:30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello. O tribunal reunirase, ás 08:30 horas do mesmo día, para determinar o suposto desta segunta proba.

De acordo co disposto no apartado 2B) das Bases específicas da convocatoria, o exercicio deberá ser lido polos/as aspirantes en sesión pública ante o tribunal de selección, o cal terá lugar o mesmo día da realización do exercicio, unha vez rematado o mesmo.

Publicado en teo.gal o 17 de xaneiro de 2019.

Publícase o resultado da valoración definitiva de méritos da praza de bibliotecario/a do Concello de Teo, unha vez revisada a reclamación presentada á listaxe de baremación publicada o 14 de decembro.

Consulta aquí o resultado da baremación definitivo

O tribunal convoca ós/ás aspirantes para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición que terá lugar o vindeiro día 16 de xaneiro de 2019 ás 12:00 horas no Salón de plenos do Concello (Travesía da Ramallosa, número 38. Teo).

Os/as aspirantes deberán asistir provistos do DNI.

Publicado en teo.gal o 14 de xaneiro de 2019

O tribunal cualificador do proceso selectivo de bibliotecario/a publica o resultado da baremación dos/as aspirantes.

Consulta aquí o resultado da baremación

Ábrese un período de cinco días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio, para formular as alegacións que se consideren oportunas. O prazo de alegacións remata o 21 de decembro.

O tribunal convoca ós/ás aspirantes para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición que terá lugar o vindeiro día 16 de xaneiro de 2019 ás 12:00 horas no Salón de plenos do Concello (Travesía da Ramallosa, número 38. Teo).

Os/as aspirantes deberán asistir provistos do DNI.

Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2018

Publícase unha resolución da alcaldía cun cambio de membros e data de constitución do tribunal da praza de bibliotecario/a.

Consulta aquí a resolución completa

Convócase aos membros do tribunal cualificador para o vindeiro 11 de decembro de 2018, ás 09:30 horas, na Casa Consistorial ao efecto de constitución do Tribunal e baremación de méritos aportados polos/as aspirantes.

Publicado en teo.gal o 6 de novembro de 2018.

Na Resolución da Alcaldía do 27 de abril de 2018 (res 375/18) aprobouse a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as do proceso para a selección e contratación, como persoal laboral interino, polo sistema de concurso-oposición, dun posto de BIBLIOTECARIO/A do concello de Teo, dispoñendo, as persoas excluídas ou omitidas dun prazo de 5 días hábiles desde a publicación da resolución da lista provisional no taboleiro e na web municipal, para corrixir os defectos que motivaran a súa exclusión ou a súa omisión da lista de admitidos/as.

Consulta aquí a lista definitiva

Publicado en teo.gal o 28 de agosto de 2018

 

 

 

 

Publícase unha corrección de erros á lista provisional da praza de bibliotecario/a (Resolución 375/18)

Despois de detectar un erro na resolución pola que se aprobaba a lista provisional do citado proceso selectivo publícase esta corrección que lle afecta a unha das aspirantes, González Botana, Ana María, no que se refire aos motivos de exclusión. Esta persoa terá un prazo de cinco días hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación da resolución na web e no taboleiro para corrixir o seu motivo de exclusión do proceso. O prazo para González Botana, Ana María, remata o 14 de maio de 2018. 

Consulta aquí a corrección de erros completa

Publicado en teo.gal o 4 de maio de 2018

Por resolución da alcaldía aprobouse a lista provisional de persoas admitidas e excluídas para a selección e contratación, como laboral interino, polo sistema de concurso oposición, dun bibliotecario/a para o Concello de Teo. 

Consulta aquí a lista provisional

As persoas excluídas, así como as omitidas na relación de admitidas ou excluídas, disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación da citada resolución no taboleiro e na web municipal, para corrixir os defectos que motivaran a súa exclusión ou omisión na lista de admitidos e excluídos. 

O prazo de cinco días para enmendas á súa exclusión ou omisión contará dende o 2 ata o 8 de maio. 

As persoas que dentro do prazo non enmendasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito á inclusión na lista de admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo. De non se presentaren reclamacións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva. 

Publicado en teo.gal o 30 de abril de 2018

Publícanse as bases específicas da convocatoria para a selección e contratación, como persoal laboral interino/a ata a cobertura de vacante, dun/dunha bibliotecario/a, técnico/a medio, subgrupo A2, do Concello de Teo.

Consulta o anuncio publicado no BOP número 43 do 2 de marzo

Consulta aquí as bases xerais da convocatoria

Consulta aquí as bases específicas da praza de bibliotecario/a

As solicitudes/instancias para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura como anexo nas respectivas bases específicas, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 h, e no prazo de quince (15) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no BOP da Coruña. Do mesmo xeito, as ditas solicitudes poderanse presentar por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (ou naquelas outras previsións normativas concordantes e/ou substitutivas deste artigo). Neste caso deberá comunicarse ao Concello a remisión da solicitude dentro do prazo de presentación de instancias, por fax, correo electrónico, ou calquera outro medio polo que quede debidamente acreditado.