Publícase o noemamento do aspirante para a praza de xefe/a de instalacións e redes de Augas de Teo

Data presentación
Data presentación fin

O tribunal do proceso de selección da praza de xefe/a de instalacións e redes, para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo publica o resultado da proba de acreditación de coñecemento do idioma galego e o nomeamento do aspirante Don Andrés García Amarante para a cobertura da citada praza.

Consulta aquí o documento no que se propón o nomeamento

Publicado en teo.gal o 23 de marzo de 2018

Publícanse os resultados do segundo exercicio (suposto práctico) da fase de oposición para  a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral temporal, da praza de xefe/a de instalacións e redes, para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo.

Consulta aquí o resultado

De acordo coa base novena II.C.), convócase ao aspirante D. Andrés García Amarante, para a celebración do exercicio eliminatorio de coñecemento do idioma galego o vindeiro 21 de marzo de 2018, ás 10:00 horas, na Casa do Concello.

Publicado en teo.gal o 14 de marzo de 2018

Publícanse os resultados do primeiro exercicio (test) da fase de oposición para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral temporal, da praza de xefe/a de instalacións e redes, para o servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo.

Consulta aquí os resultados

Os/as aspirantes que superaron o primeiro exercicio son convocados para a segunda proba da fase de oposición (exercicio escrito no que se deberán resolver e desenvolver dous supostos prácticos), para o día 15 de febreiro de 2018, ás 11:00 horas, na Casa do Concello.

Publicado en teo.gal o 2 de febreiro de 2018

Publícase o resultado da valoración definitiva de méritos da praza de xefe/a de instalacións e redes do servizo municipal de augas de Teo.

Consulta aquí a valoración definitiva

Publicado en teo.gal o 30 de xaneiro de 2018

Publícase a valoración de méritos dos/as aspirantes na convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral temporal, contrato de interinidade, de 1 posto de traballo do servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo de xefe de instalacións e redes.

Consulta aquí a listaxe coa valoración de méritos

Os/as aspirantes teñen un prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte de dita publicación, para formular alegacións. O prazo para formular alegacións remata o día 21 de decembro.

O Tribunal tamén acorda convocar aos/as aspirantes para a celebración do primeiro exercicio, exame tipo test, o día 30 de xaneiro ás 12:30 horas. O exame celebrarase no local social da Ramallosa, situado na rúa da Lagoa nº 2, de Teo. Os/as aspirantes deberán acudir provistos/as de DNI ou documento que acredite a súa identidade.

Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2017

Publícase a listaxe definitiva de admitidos/as na convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral temporal, contrato de interinidade, de 1 posto de traballo do servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo de xefe de instalacións e redes.

Consulta aquí a lista definitiva

Tamén se designa aos membros do tribunal cualificador e se convoca ao tribunal para o vindeiro mércores 13 de decembro de 2017, ás 09:30 horas na Casa do Concello ao efecto da constitución do mesmo e da valoración dos méritos aportados polos/as aspirantes.

Publicado en teo.gal o 11 de decembro de 2017

En data 24 de agosto de 2017 ditouse a resolución da Alcaldía  pola que se aproba as lista provisional de admitidos/as e excluídos/as para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal laboral temporal, contrato de interinidade, de 1 postos de traballo do servizo municipal de saneamento e  abastecemento do Concello de Teo (XEFE/A DE INSTALACIÓNS E REDES).

Consulta aquí a listaxe provisional

De acordo co disposto na base sétima, sinálase un prazo de cinco (5) días hábiles para a presentación de reclamacións. O prazo comeza o 25 de agosto e remata o 31 de agosto de 2017.

Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo.

Transcorrido este prazo, o alcalde resolverá sobre a aprobación da lista definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, dándolle publicidade a través do taboleiro de anuncios e páxina web do Concello.

Publicado en teo.gal o 24 de agosto de 2017

O Concello publica no BOP número 127 do 6 de xullo de 2017 unha modificación das bases da convocatoria da praza de xefe/a de instalacións e redes do servizo municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo

O anuncio completo é o seguinte:

No BOP de A Coruña nº 72 de 18/04/2017, publicouse o anuncio da convocatoria para cubrir a praza de xefe/a de instalacións e redes do servizo municipal de saneamento e abastecemento do concello de Teo, de acordo coas bases da convocatoria aprobadas por Resolución da alcaldía de 10/04/2017 (res.296/17).

Contra as bases que rexen esta convocatoria presentouse recurso de reposición polo decano da demarcación de Galicia do colexio de enxeñeiros de camiños, canais e portos.

Por resolución da alcaldía do 28/06/17 (Res. 572/17) estímase o recurso de reposición e acórdase dar unha nova redacción ao apartado d) da base quinta, na que se establecen os requisitos que deben reunir os aspirantes, que queda redactada da forma que se indica a continuación, mantendo o resto das Bases que rexen a convocatoria :

d) Estar en posesión do título, ou estar en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias, que a continuación se indica:

PERSOAL OBXECTO DE SELECCIÓN

TUTULACIÓN REQUIRIDA

Xefe/a de Instalacións e redes

Título de Nivel 2 (do Marco Español de cualificacións para o Ensino Superior) en Enxeñería (en calquera especialidade)ou titulación superior en calquera especialidade de enxeñería

Así mesmo acórdase abrir de novo o prazo de presentación de solicitudes de 15 días naturais, a contar dende o seguinte ao da publicación da modificación das Bases no BOP, que deberán presentarse de acordo co establecido na base sexta das Bases que rexen a convocatoria, publicadas no BOP de A Coruña nº 72 de 18/04/2017.

Os aspirantes que teñen presentada a solicitude dentro do prazo establecido inicialmente de acordo coa convocatoria publicada no BOP de 18/04/2017, non precisan volver a presentar a solicitude para participar no proceso selectivo.

O novo prazo de presentación de solicitudes será dendo o 7 ao 21 de xullo (ambos incluídos).

Publicado en teo.gal o 6 de xullo de 2017

O Concello de Teo publica no BOP do 18/04/17 o anuncio de convocatoria de praza de xefe/a de instalacións e redes do Servizo Municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo.

É obxecto da presente convocatoria, e bases reguladoras da mesma, a selección, por parte do Concello de Teo, en réxime laboral temporal, e baixo a modalidade de interinidade, do persoal que deseguido se relaciona: 1 Xefe/a de instalacións e redes. 

Dito persoal será destinado á cobertura das necesidades laborais que, no servizo municipal de abastecemento e saneamento, con motivo da asunción, por parte do Concello de Teo, da súa xestión directa nos termos acordados polo Pleno Municipal na sesión ordinaria do 26 de marzo de 2015 se teñen xerado. Esta cobertura que, con arranxo ás características profesionais e funcionais definidas na base terceira, e coa finalidade da plena efectividade de dito acordo, particularmente do cumprimento do prazo no mesmo previsto para a asunción da xestión directa de dito servizo que, asemade, e segundo o previsto na propia normativa de réxime local, reviste carácter esencial, resultando urxente e inaprazable.  

Xunto coa solicitude, os/as aspirantes deberan achegar a seguinte documentación, que deberá presentarse en documento orixinal ou copia debidamente cotexada.

– Fotocopia do DNI, pasaporte ou documento de identificación equivalente e acreditativo da nacionalidade do/a aspirante.

– Copia cotexada da Titulación esixida nas bases, ou, no seu defecto, o xustificante de ter aboado os dereitos para a súa expedición.

– Sinatura de Declaración responsable de que cumpren todos os requisitos necesarios para presentarse ao proceso selectivo (Declaración xa incluída no modelo de solicitude do Anexo I)

– Relación dos méritos alegados, documentalmente acreditados e coa orde que se fixa, nas presentes bases, no apartado regulador da fase de concurso.

Á relación de méritos acompañaranse dos documentos xustificativos/acreditativos dos mesmos (orixinais ou copias debidamente cotexadas). Non se terán en conta, nin serán obxecto de valoración, aqueles méritos que non queden debidamente acreditados, conforme aos criterios sinalados nas presentes bases, dentro do prazo de presentación das instancias.

– Xustificante do ter pagado os dereitos de exame que, de acordo coa ordenanza fiscal reguladora, ascenden a 25 €. En dito xustificante deberá constar o nome e apelidos do/a aspirante. A ausencia do abono dos dereitos de exame, dentro do prazo de presentación de instancias, determinará a exclusión do/a aspirante. En todo caso, compre precisar que, en ningún caso, a presentación e pago da taxa por dereitos de exame suporá a substitución do trámite de presentación da correspondente instancia.

– Acreditación do coñecemento da lingua galega, de acordo co nivel requirido (CELGA), no seu caso, e con arranxo aos criterios sinalados nas presentes bases.

Consulta aquí as bases completas da convotaria

Descarga aquí a instancia de solicitude para participar no proceso selectivo

Publicado en teo.gal o 18/04/2017