Publícase a lista provisional da bolsa de emprego de traballadores/as sociais no Concello de Teo

Data presentación
Data presentación fin

Publícase a resolución da Alcaldía pola que se aproba a listas provisional da bolsa de emprego de traballador/a social.

Consulta aquí a lista provisional completa

De conformidade co previsto na base sétima das Bases reguladoras deste proceso selectivo, as persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos. A publicación da lista provisional realízase o 27 de xullo.  

En consecuencia, o devandito prazo de reclamacións esténdese entre os días 28 de xullo e 3 de agosto ambos os dous incluídos.

Publicado en teo.gal o 27 de xullo de 2020. 

Publícase o anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de traballadoras/es sociais do Concello de Teo

En virtude do exposto nas Bases específicas o prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, o prazo estenderase entre os días mércores 1 e o martes 14 de xullo, ambos os dous incluídos.

Descarga aquí a instancia para participar no proceso

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 79, de data 3 de xuño de 2020, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

NOTA IMPORTANTE. Tendo en conta a recepción dun elevado número de instancias con anterioridade á apertura do prazo de presentación daquelas, cómpre sinalar o seguinte:

1. Todas aquelas persoas que presentaron no seu momento a súa instancia, antes da apertura do prazo, deberán novamente presentala xunto coa documentación correspondente, sinalada nas Bases Específicas.

2. As instancias presentaranse no Rexistro do Concello ou ben por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (ou naqueloutras previsións normativas concordantes e/ou substitutivas deste artigo), tal e como se indica na Base Quinta da convocatoria. Só neste suposto comunicarase ao Concello a remisión da instancia dentro do prazo de presentación de instancias por fax ao número: 981 809 401, por correo electrónico ao enderezo: rrhh@teo.gal, ou por calquera outro medio polo que quede debidamente acreditado, achegando copia do resgardo da presentación da instancia, indicando como asunto: BOLSA DE EMPREGO – TRABALLADOR/A SOCIAL. En ningún caso será válida a presentación de instancias por correo electrónico.

3. Dado o elevado número de instancias presentadas fóra de prazo e ante a imposibilidade de tramitar a devolución das taxas xa abonadas, por mor das actuais circunstancias, non se procederá á devolución daquelas. Non obstante o anterior, coa presentación da instancia no prazo administrativo oportuno deberá achegarse novamente a copia do pagamento das taxas abonadas no seu momento.

Publicado en teo.gal o 30 de xuño de 2020

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de Transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal.

Publícase no BOP número 79 do 3 de xuño o anuncio da convocatoria e bases específicas do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de traballadores/as sociais no Concello de Teo.

Por resolución da Alcaldía nº 417/2020 do Concello de Teo de data 27 de maio de 2020, aprobáronse a convocatoria e as bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de traballadoras/es sociais no Concello de Teo.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria.

Mentres non se produza a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia NON ESTÁ ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS para a constitución da bolsa de emprego. Unha vez que saia no DOG publicarase oportunamente no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de Transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal.

Publicado en teo.gal o 3 de xuño de 2020.