Publícase a lista provisional da bolsa de emprego de educadores/as das escolas infantís municipais

Data presentación
Data presentación fin

Publícase a Resolución da Alcaldía pola que se aproba a lista provisional da bolsa de emprego de educadores/as das escolas infantís municipais. 

Consulta aquí a lista provisional de persoas admitidas e excluídas

De conformidade co previsto na base sétima das Bases reguladoras deste proceso selectivo, as persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos. Dado que a publicación se fai o 24 de xullo de 2020 o prazo para reclamacións esténdese entre os días 27 e 31 de xullo ambos os dous incluídos.

Publicado en teo.gal o 24 de xullo de 2020. 

Publícase o anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de educadores/as infantís das Escolas Infantís Municipais do Concello de Teo no DOG nº 120 do 19 de xuño de 2020

En virtude do exposto nas Bases específicas o prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, o prazo estenderase entre os días 22 de xuño e 6 de xullo, ambos os dous incluídos.

Descarga aquí a instancia para participar no proceso selectivo. 

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 73, de data 26 de maio de 2020, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

NOTA IMPORTANTE. Tendo en conta a recepción dun elevado número de instancias con anterioridade á apertura do prazo de presentación daquelas, cómpre sinalar o seguinte:

1. Todas aquelas persoas que presentaron no seu momento a súa instancia, deberán novamente presentala xunto coa documentación correspondente, sinalada nas Bases Específicas.

2. As instancias presentaranse no Rexistro do Concello ou ben por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (ou naqueloutras previsións normativas concordantes e/ou substitutivas deste artigo), tal e como se indica na Base Quinta da convocatoria. Só neste suposto comunicarase ao Concello a remisión da instancia dentro do prazo de presentación de instancias por fax ao número: 981 809 401, por correo electrónico ao enderezo: rrhh@teo.gal, ou por calquera outro medio polo que quede debidamente acreditado, achegando copia do resgardo da presentación da instancia, indicando como asunto: BOLSA DE EMPREGO – EDUCADOR/A INFANTIL. En ningún caso será válida a presentación de instancias por correo electrónico.

3. Dado o elevado número de instancias presentadas fóra de prazo e ante a imposibilidade de tramitar a devolución das taxas xa abonadas, por mor das actuais circunstancias, non se procederá á devolución daquelas. Non obstante o anterior, coa presentación da instancia no prazo administrativo oportuno deberá achegarse novamente a copia do pagamento das taxas abonadas no seu momento.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de Transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal.

Publicado en teo.gal o 19 de xuño de 2020. 

Tal e como figura no anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 73, de data 26 de maio de 2020, o prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio de aprobación das bases específicas e a convocatoria para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de educadores/as infantís das Escolas Infantís Municipais do Concello de Teo, no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia e mentres non se produza a devandita publicación NON ESTÁ ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS para a constitución da bolsa de emprego, o que publicará oportunamente no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de Transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal.

Así mesmo recórdase que o certificado médico e o xustificante de ter aboados os dereitos de exame deben ter data do prazo de presentación de instancias. Este prazo abrirase cando o anuncio de convotaria se publique no Diario Oficial de Galicia.

Se algunha persoa pagou as taxas de exame xa debe pedir que se lle reintegren e facelo de novo no momento da apertura do prazo para que a súa solicitude de participación no proceso cumpra con todos os requisitos

Publícase no BOP número 73 do 26 de maio o anuncio da convocatoria e bases específicas do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de educadores/as infantís das Escolas Infantís Municipais do concello de Teo.

Por resolución da Alcaldía nº 257/2020 do Concello de Teo de data 12 de marzo de 2020, aprobáronse a convocatoria e as bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de educadores/as infantís das Escolas Infantís Municipais do Concello de Teo.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria.

Publicado en teo.gal o 26 de maio de 2020.