Publícase a concesión das axudas para o ensino e o transporte para o curso 2017/18

Data presentación
Data presentación fin

Publícase a proposta de concesiónd e axudas para o ensino e transporte para o curso 2017/18 arpobado na Xunta de Goberno Local do 4 de xuño de 2018.

Consulta aquí a listaxe completa

Publicado en teo.gal o 6 de xuño de 2018

A Comisión avaliadora para a concesión de axudas de ensino e transporte escolar para o curso 2017/18 a listaxe de solicitudes que deben subsanar documentación. O prazo para facelo é de dez días hábiles dende o 30 de abril. O prazo de subasanación remata o 15 de maio.

Consulta aquí a listaxe de solicitudes que deben subsanar

Publicado en teo.gal o 27 de abril de 2018

O Concello publica as bases que rexen a convocatoria municipal de axudas para o ensino e o transporte para o curso 2017/18. As bases están publicadas nun anuncio no BOP número 189 do 4 de outubro de 2017.

É obxecto da presente convocatoria de axudas favorecer a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos do Concello de Teo.

Para ser beneficiario destas axudas é preciso cumprir os seguintes requisitos:

  1. Cursar estudos nalgún dos seguintes centros de ensino para os que se solicita a axuda:

-PRIMARIA E INFANTIL: todos os centros públicos do Concello (CEIP A Ramallosa, Os Tilos, Calo e CRA)

-ESO: IES de Cacheiras e Pontepedriña

-FP OU PCPI: calquera centro público

-BACHARELATO: IES de Cacheiras , IES de Pontepedriña e o alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de Bacharelato que non exista nos centros anteriores.

-UNIVERSITARIOS: calquera universidade galega.

-ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL-ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES:Calquera centro galego.

-O ALUMNADO cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda para a asistencia a un Centro de Educación Especial, aínda que non estea localizado no Concello.

Requisitos:

  1. Que a renda per cápita familiar non supere os límites establecidos na base sexta da presente convocatoria.
  2. Estar empadroado no Concello de Teo e ser fillo dependente economicamente. Non pode beneficiarse destas axudas o alumnado que non sexa dependente economicamente. Consideraranse fillos dependentes economicamente os menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita a axuda sempre que non teñan un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano 2017.
  3. Presentar certificado de matrícula (ou resgardo de ter pagada a matrícula, selado pola entidade bancaria) do/a alumno/a para o curso 2017/2018 (agás alumnos/as de Primaria, Infantil e ESO).
  4. Cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario, recollidas nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.
  5. As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais ou os titores, e no caso de alumnos/as de entre 18 e 25 anos poderán facelo tamén os propios beneficiarios.
  6. Poderán ser beneficiarios da axuda de transporte os estudantes dos centros situados fóra da área de influencia do TMG, o resto dos estudantes xa están bonificados pola tarxeta de transporte metropolitano que abrangue os centros situados en Santiago de Compostela e os 18 concellos situados na área do TMG. Alumnado de:
    1. Formación Profesional
    2. PCPI
    3. Universitarios
    4. Alumnado de Bacharelato que curse estudios no IES de Pontepedriña, ou noutro IES nalgunha modalidade que non se imparta no municipio.
    5. Alumnado de ensinanzas artísticas superiores.
  • A solicitude presentarase no rexistro xeral do Concello de Teo, de luns a venres en horario de 8:00 a 14:00 horas, ou ben a través da sede electrónica (dispoñible durante as 24 h dos 365 días do ano), ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia. O anuncio publicouse no BOP número 189 do 4 de outubro de 2017 polo que o prazo para solicitar as bolsas remata o 3 de novembro de 2017.

Descarga aquí o modelo de solicitude das bolsas de ensino e transporte do Concello de Teo para o curso 2017-18