Publícase a baremación de méritos e convocatoria do primeiro exercicio no proceso selectivo de técnico/a de recursos humanos

Data presentación
Data presentación fin

Publícase a baremación da fase de concurso de méritos e convocatoria do primeiro exercicio da fase de oposición.

Consulta aquí o resultado da baremación

Ábrese un período de cinco días hábiles a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio na páxina web do Concello a fin de que os/as interesados/as aleguen o que ao seu dereito conveña. O prazo de alegacións remata o 20 de setembro.

O Tribunal convoca ós/ás aspirantes á práctica do primeiro exercicio da fase de oposición que terá lugar o vindeiro día 26 de setembro de 2018 ás 12:00 horas no Edificio SocioCultural Constante Liste (Rúa da Lagoa, número 2. A Ramallosa. Teo). Os/as aspirantes deben asistir provistos do DNI.

Publicado en teo.gal o 13 de setembro de 2018

Por Resolución da Alcaldía do 27 de abril de 2018 (res 374/18), se aprobou a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as do proceso para a selección e nomeamento, como funcionario/a interino/a, polo sistema de concurso-oposición, dun posto de TÉCNICO/A DE RECURSOS HUMANOS do concello de Teo, dispoñendo as persoas excluídas ou omitidas dun prazo de 5 días hábiles desde a publicación da lista provisional no taboleiro e na web municipal, para corrixir os defectos que motivaran a súa exclusión ou a súa omisión da lista de admitidos/as.

Consulta aquí a lista definitiva

Publicado en teo.gal o 28 de agosto de 2018

 

 

 

Por resolución da alcaldía aprobouse a lista provisional de persoas admitidas e excluídas para a selección e contratación, como  funcionario interino, polo sistema de concurso oposición, dun técnico/a de recursos humanos para o Concello de Teo. 

Consulta aquí a lista provisional

As persoas excluídas, así como as omitidas na relación de admitidas ou excluídas, disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación da citada resolución no taboleiro e na web municipal, para corrixir os defectos que motivaran a súa exclusión ou omisión na lista de admitidos e excluídos. 

O prazo de cinco días para enmendas á súa exclusión ou omisión contará dende o 2 ata o 8 de maio. 

As persoas que dentro do prazo non enmendasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito á inclusión na lista de admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo. De non se presentaren reclamacións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva. 

Publicado en teo.gal o 30 de abril de 2018

O BOP número 50 do 14 de marzo publica unha corrección de erros das bases de Técnico/a de RRHH

Consulta o anuncio coa corrección de erros premendo aquí

A continuación podes ler o anuncio completo:

"Corrección bases Técnico/a RRHH

ANUNCIO

No BOP de A Coruña n.º 43, do 02/03/2018, publicouse o anuncio da convocatoria para para a cobertura en réxime de interinidade de diversas prazas vacantes na plantilla de persoal, así como as bases xerais e específicas das referidas convocatorias aprobadas por Resolución da alcaldía de 16/02/2018 (res.167/18), corrixidas por Resolución da Alcaldía de data 23/02/2018 (Res. 175/2018).

Considerando que, tratándose das bases específicas dun/dunha técnico/a de recursos humanos (RRHH) pertencente á escala de administración xeral, subescala xestión, subgrupo A2, do Concello de Teo, advertiuse que na base 1, nas titulacións que habilitan para concorrer ao proceso, unha omisión ao non incorporar a titulación en dereito, polo que se procede corrixir o citado erro material mediante Resolución da Alcaldía de data 08/03/2018 (Res. 229/18), engadindo a titulación en cuestión e quedando redactada a mesma segundo se recolle a continuación:

“1. Titulación e outros requisitos formativos e /ou habilitantes:

– Titulacións universitarias de grao, licenciatura ou, no seu caso, diplomatura, en Dereito, Relacións Laborais, CC Polïticas, Dirección e Xestión Pública, Economía, ADE; ou equivalentes

– CELGA 4 ou equivalente”.

Así mesmo, resolveuse abrir, para a praza citada, un novo prazo de presentación de solicitudes de quince (15) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio."

Deste xeito o prazo de presentación de solicitudes quedaría aberto dende o 15 de marzo ata o 6 de abril, ambos incluídos.

Publicado en teo.gal o 14 de marzo de 2018

Publícanse as bases específicas da convocatoria para a selección e nomeamento, como funcionario/a interino/a ata a cobertura de vacante, dun/dunha técnico/a de recursos humanos (RR.HH.) pertencente á escala de administración xeral, subescala xestión, subgrupo A2, do Concello de Teo.

Consulta o anuncio publicado no BOP número 43 do 2 de marzo

Consulta aquí as bases xerais da convocatoria

Consulta aquí as bases específicas da praza de técnico/a de recursos humanos

As solicitudes/instancias para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura como anexo nas respectivas bases específicas, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 h, e no prazo de quince (15) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no BOP da Coruña. Do mesmo xeito, as ditas solicitudes poderanse presentar por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (ou naquelas outras previsións normativas concordantes e/ou substitutivas deste artigo). Neste caso deberá comunicarse ao Concello a remisión da solicitude dentro do prazo de presentación de instancias, por fax, correo electrónico, ou calquera outro medio polo que quede debidamente acreditado.