Publícanse os resultados do proceso selectivo para a contratación de cinco persoas para albanel, peón de albanelería e xardíns

Data presentación
Data presentación fin

Publícase o resultado do proceso selectivo para a contratación temporal de dous oficiais de albanelería e dous xardineiros para o Concello.

Consulta aquí o resultado do proceso para a contratación de dous oficiais de albanelería

Consulta aquí o resultado do proceso para a contratación de dous xardineiros

Publicado en teo.gal o 30 de xullo de 2018

Publícase o resultado do proceso selectivo para a contratación temporal dun peón de albanelería para o Concello. Consulta aquí o resultado.

Publicado en teo.gal o 26 de xullo de 2018

Publícanse a baremación de méritos dos/as aspirantes no proceso para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de cinco persoas para ocupar os postos de oficial de 1ª de albanelería (grupo 8) e de peóns de albanelería e xardíns (grupo 9).

Consulta aquí a baremación

O tribunal acorda emprazar aos aspirantes a peón de albanelería na nave do Concello de Teo en Lucí, o xoves 26 de xullo ás 11:00 horas da mañá, para a realización da proba práctica.

O tribunal acorda emprazar aos aspirantes aos postos de oficiais de 1ª de albanelería na nave do Concello de Teo en Lucí, o luns 30 de xullo ás 09:00 horas da mañá, para a realización da proba práctica.

O tribunal acorda emprazar aos aspirantes para os postos de xardinería na nave do Concello de Teo en Lucí, o luns 30 de xullo ás 10:15 horas da mañá, para a realización da proba práctica.

Publicado en teo.gal o 24 de xullo de 2018

Publícanse as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as nos procesos para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de cinco persoas para ocupar os postos de oficial de 1ª de albanelería (grupo 8) e de peóns de albanelería e xardíns (grupo 9).

Consulta aquí a listaxe definitiva

Convócase ao tribunal para o martes día 24 de xullo ás 10:00 horas co obxecto de proceder á baremación dos méritos achegados polos/as aspirantes.

Publicado en teo.gal o 20 de xullo de 2018.

Publícanse as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as nos procesos para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de cinco persoas para ocupar os postos de oficial de 1ª de albanelería (grupo 8) e de peóns de albanelería e xardíns (grupo 9).

Consulta aquí a listaxe provisional

As persoas excluídas dispoñen dun prazo de tres días hábiles para a subsanación. O prazo de subsanación é do xoves 19 ao luns 23 de xullo.

Publicado en teo.gal o 18 de xullo de 2018

O Concello de Teo publica as bases que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de cinco persoas para ocupar os postos de oficial de 1ª de albanelería (grupo 8) e de peóns de albanelería e xardíns (grupo 9).

Consulta aquí as bases completas da convocatoria

Descarga aquí a instancia para participar no proceso selectivo

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, de cinco persoas desempregadas para levar a cabo o proxecto “Cuadrilla de servizos básicos. Obras, parques e xardíns”, traballo que figura descrito na memoria que acompaña á solicitude de subvención presentada ao abeiro da Resolución da Deputación da Coruña pola que se aproban as bases do Programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, anualidade 2018 (BOP nº 41, de 28/02/2018).

A contratación efectuarase de acordo cos seguintes postos, duración do contrato e xornada:

  • 2 operarios de parques e xardíns. Xornada completa.
  • 2 oficiais de primeira de albanelería. Xornada parcial 35 horas/semana
  • 1 peón de albanel. Xornada parcial 35 horas/semana

Os contratos terán, en todos os casos, unha duración de cinco meses e están subvencionados pola Deputación da Coruña, que concedeu unha axuda ao Concello de Teo por importe de 52.000€ para financiar os custos de seguridade social e os custos salariais do referido persoal. As persoas seleccionadas incorporaranse no Servizo de obras e servizos básicos municipais. A modalidade contractual será a dun contrato temporal de traballos de interese social/fomento do emprego agrario.

Presentación de solicitudes.

O Concello de Teo procederá á publicación do anuncio da convocatoria da contratación no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, no portal da sede electrónica do Concello de Teo (https://sede.teo.gal/gl/) e na web municipal ( www.teo.gal), publicación esta última que determinará o comezo do prazo de presentación de instancias e que se realiza o 6 de xullo de 2018.

As e os aspirantes interesados no posto de traballo terán que presentar unha instancia (Anexo II), dirixida ao Sr. alcalde, dentro do prazo de dez días naturais (a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria na web www.teo.gal), no Rexistro Xeral do Concello de Teo, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Neste caso, os/as aspirantes deberán comunicarlle ao Concello a remisión da solicitude mediante fax (981809401) ou mail (alcaldia@teo.gal), durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias. O prazo para presentar as solicitudes será do 7 de xullo ao 16 de xullo de 2018.

Na instancia farase constar que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nestas bases e a acompañará da seguinte documentación:

  • Documento de identidade (DNI, NIE, Pasaporte).
  • Documentación esixida na base segunda.
  • Declaración xurada, acreditativa de non padecer enfermidade ou minusvalía que impida exerce-la función propia a desenvolver (Anexo III).
  • Carné de conducir tipo B.
  • Méritos: En ningún caso serán valorados aqueles méritos que non fosen alegados no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias, nin aqueles documentos que non conteñan os datos que segundo as presentes bases sexan necesarios para valorar os méritos a que se refiren.

Requisitos dos/as aspirantes.

Para participar no presente concurso-oposición os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), para os nacionais doutros Estados. Así, segundo o artigo citado:

- Os nacionais dos Estados membros da Unión Europea poderán acceder, como persoal funcionario en igualdade de condicións que os españois ós empregos públicos, con excepción de aqueles que directa ou indirectamente impliquen unha participación no exercicio do poder público ou nas funcións que teñen por obxecto a salvagarda dos intereses do Estado ou das Administracións Públicas (art. 57.1)

- As previsións do apartado anterior serán de aplicación, calquera que sexa a súa nacionalidade, ao cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito e ós seus descendentes e ós do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de dita idade dependentes.

- O acceso o emprego público como persoal funcionario, estenderase igualmente ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, nos termos establecidos no apartado 1 deste artigo.

- Os estranxeiros ós que se refiren os apartados anteriores, así como os estranxeiros con residencia legal en España poderán acceder ás Administracións Públicas, como persoal laboral, en igualdade de condicións que os españois.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

c) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público.

e) De conformidade co disposto nas bases reguladoras do Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, anualidade 2018, publicadas no BOP nº41 de 28 de febreiro de 2018, as persoas a contratar deberán estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:

  • Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.

  • Maiores de 45 anos.

  • Persoas desempregadas de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego.

  • Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual o superior ao 33%.

  • Persoas en situación de drogodependencia.

  • Persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego.

  • Persoas con fogar monoparental/monomarental

  • Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.

  • Persoas vítimas de violencia de xénero.

  • Persoas sen fogar.

Estes requisitos acreditaranse, mediante o documento acreditativo correspondente, no momento da presentación da solicitude de participación no proceso no Rexistro de Entrada do Concello.

A situación de persoa desempregada se xustificará mediante a presentación dunha certificación do servizo público de emprego, na que conste a súa inscrición como demandante non ocupado dispoñible para o emprego e, no seu caso, da antigüidade como demandante de emprego.

f) Posuír, como mínimo, o carné de conducir tipo B1.

Bases publicadas en teo.gal o 6 de xullo de 2018