Publícanse as listaxes de admitidos/as nos cursos Natación 2017-18

Data presentación

Publícanse as listaxes provisionais de admitidos/as nos cursos de natación para o curso 2017/18.

As listaxes podense consultar premendo aquí

Unha vez comprobada a listaxe hai que efectuar o pago (do 20 ao 25 de setembro) e presentar o xustificante no Departamento de Deportes do Concello ou envialo ao correo electrónico: deportes@teo.gal

Descarga aquí a folla de pagamento das taxas

As persoas que renuncien á praza teñen que avisar antes do 29 de setembro no teléfono 981815700 preguntando por Deportes.

Os/as alumnos/as que non figuren en ningún grupo deben poñerse en contacto co Departamento de Deportes.

Lembramos que os cursos de natación non funcionarán durante as vacacións escolares.

Publicado en teo.gal o 19 de setembro de 2017

O Departamento de Deportes abre o prazo para inscribirse nos cursos 2017-18. Este servizo,  que pasa a ser
una escola municipal, manterá o mesmo procedemento de inscrición e de pagamento ca o resto das escolas e actividades deportivas.

Esta actividade está destinada a nenos e nenas a partir de 4 anos escolarizados/as nos seguintes centros educativos do Concello de Teo: CRA, CEIP A Ramallosa, CEIP Calo e CEIP Os Tilos.

Débese cubrir unha ficha e presentala no Rexistro Xeral do Concello entre o 13 ao 18 de setembro (1º trimestre).

Unha vez que se comprobe que hai praza no curso procederase ao
pagamento, entre o 20 ao 25 de setembro (1º trimestre), entregando o xustificante no Concello.

O custo deste servizo é de 18 euros por trimestre,  coas mesmas bonificacións ca nas Escolas Deportivas publicadas no BOP núm. 195 do 13/10/2011.

Pode descargar a información completa e a ficha de inscrición.