PUBLÍCANSE AS BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUNHA PERSOA PARA IMPARTIR O CURSO DE PREPARACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO GRADUADO EN ESO

Data presentación
Data presentación fin

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso, dunha persoa para impartir o curso de preparación das probas para a obtención do graduado en ESO dentro do programa de formación de adultos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A modalidade contractual será a dun contrato laboral temporal, por obra ou servizo determinado e a tempo parcial, cunha duración de sete meses e unha xornada de 12 horas semanais.

A persoa contratada deberá desenvolver o programa de formación de adultos correspondente.

Consulta aquí as bases completas da convocatoria

Descarga aquí a solicitude para participar no proceso

Requisitos: Para participar no proceso selectivo os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

 

  •  Ser español, ou nacional dun estado membro da Unión Europea ou dos estados aos que se refire o artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público.

 

  • Ter cumpridos 16 anos de idade.

 

  • Estar en posesión dunha licenciatura ou grao equivalente. Este requisito acreditarase mediante a presentación dunha copia compulsada do orixinal.

 

  • Estar en posesión do máster ou curso de aptitude pedagóxica. Este requisito acreditarase mediante a presentación dunha copia compulsada do orixinal.

 

  • Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións propias do posto de traballo para o que se opta.

 

  • Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública.

 

  • Non estar incurso/a en causa de incompatibilidade ou incapacidade conforme á normativa vixente, estando este requisito referido ao día de formalización do contrato no caso de ser seleccionado/a.

Documentación:

  • Documento Nacional de Identidade ou documento que o substitúa.
  • Certificado (ou título) oficial da licenciatura ou grao.
  • Certificado de ter realizado o máster ou curso de aptitude pedagóxica.
  • Proxecto educativo. A falta de presentación do proxecto dentro do prazo sinalado non será un requisito subsanable determinando, ademais, a exclusión definitiva do proceso selectivo.

Lugar de solicitude: As solicitudes para participar no proceso selectivo presentaranse, segundo modelo que figura como anexo II das presentes bases, no rexistro xeral do concello no prazo de 10 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación do anuncio desta convocatoria nun diario de tirada a nivel de toda Galicia, ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 12 de outubro, de procedemento administrativo común. Cando a solicitude non sexa presentada directamente no rexistro xeral do concello, deberá remitirse copia da presentación mediante envío ao fax 981809401 ou ao correo electrónico aedl@teo.gal, durante o prazo de presentación de instancias, co fin de ter constancia de mesma, podendo dar lugar o incumprimento deste requisito á exclusión definitiva do proceso. Prazo:

O prazo é de dez días hábiles dende o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria nun diario. O prazo de presentación de solicitudes comeza o 9 de xaneiro e remata o 20 de xaneiro.

En prazo de presentación: 09/01/2017 - 20/01/2017