Modifícase a lista de agarda do procedemento para cubrir interinamente a praza de arquitecto municipal

Data presentación

O alcalde de Teo, con data 20 de abril, dita unha resolución sobre o procedemento para a cobertura interinamente da praza de arquitecto municipal. Podes consultar a resolución completa premendo aquí

Vista a sentenza do 30 de xuño de 2016 ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Santiago no P.A. 000495/2014, (sentenza n 00315/2016 (rex. entrada nº 8034)), estimatoria do recurso contencioso interposto por D. Ricardo Aneiros Rodríguez contra a Resolución da alcaldía de 15 de outubro de 2014, polo que se resolve nomear funcionario interino ao codemando (Manuel Pueyo Varela), e acta de 8 de outubro de 2014, de proposta de nomeamento.

Considerando que na citada sentenza se recoñece o dereito de D. Ricardo Aneiros Rodríguez a que se lle sumen os puntos correspondentes á experiencia profesional, mediante escrito de 16 de marzo de 2017 convocouse aos membros do Tribunal cualificador do procedemento convocado para cubrir interinamente a praza vacante de arquitecto municipal, para que polo mesmo se proceda "á suma dos puntos correspondentes á experiencia profesional de D. Ricardo Aneiros Rodríguez".

Considerando que, de acordo co exposto, con data de 27 de marzod e 2017 reuníronse os membros do citado Tribunal co obxecto de proceder a dar cumprimento a sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Santiago de Compostela, segudo o ordenado pola alcaldía con data de 16 de marzo de 2016.

Considerando que de acordo co exposto, o Tribunal elevou á Alcaldía a acta da citada reunión na que se pon de manifesto que sumada a puntuación da fase de concurso e dos dous exercicios da fase de oposición, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo, de acordo co establecido nas bases que que rexen o procedemento D. Ricardo Aneiros quedaría no primeiro lugar.

Considerando que, actualmente, a praza de arquitecto municipal cuxa cobertura foi convocada para cubrirse interinamente, ao atoparse vacante naquel momento, atópase actualmente cuberta polo seu titular, no procedendo polo tanto a cobertura interina.

Considerando en todo caso que o proceso, ademais da cobertura interina da praza en cuestión, contemplaba a confección dunha lista de agarda cos aspirantes que superaran o proceso, ordenada de maior a menor puntuación, para cubrir posibles vacantes que se produzan por vacacións, ausencia ou enfermidade polo traballador do posto para o que se convocou.

En virtude do exposto procede modificar a lista de agarda citada e colocar a D. Ricardo Aneiros Rodríguez no primeiro lugar da citada lista, dando así cumprimento á sentenza do Xulgado do contencioso administrativo nº 1 de Santiago de Compostela, do 30 de xuño de 2016.