Publícanse as listaxes definitivas de persoas admitidas para o Diverteo de Nadal.
- Listaxe definitiva do Diverteo Nadal en Calo.
- Listaxe definitiva do Diverteo Nadal nos Tilos.
- Listaxe definitiva do Diverteo Nadal na Ramallosa.
Publicado en teo.gal o 16 de decembro de 2020.
Publícanse as listaxes provisionais de persoas admitidas para o Diverteo de Nadal.
A listaxe definitiva de admitidos/as publicarase o 16 de decembro.
- Listaxe provisional do Diverteo Nadal en Calo.
- Listaxe provisional do Diverteo Nadal nos Tilos.
- Listaxe provisional do Diverteo Nadal na Ramallosa.
O pagamento hai que formalizalo do 2 ao 11 de decembro. O comprobante de pagamento deberá ser entregado no Concello antes do 14 de decembro. Pódese enviar a cim@teo.gal. Se non se entrega o xustificante pérdese o dereito á praza.
Descarga aquí a folla de autoliquidación de taxas.
Publicado en teo.gal o 2 de decembro de 2020.
Abre o prazo para inscribirse no Diverteo Nadal que se realizará do 23 de decembro do 2020 ao 7 de xaneiro de 2021. O programa está dirixido a crianzas escolarizadas nos CEIPs e CRA entre os 3 e os 12 anos con preferencia para as persoas empadroadas no Concello de Teo.
A inscrición está aberta do luns 16 ao luns 30 de novembro. Descarga aquí a ficha de inscrición. A solicitude debe facerse no Rexistro xeral do Concello de 08:00 horas a 14:00 horas ou na sede electrónica do Concello.
O Diverteo realízase nos CEIPs de Calo, Os Tilos e A Ramallosa nos seguintes horarios:
- Servizo completo: de 7:30 a 15:30 horas.
- Sen xantar: de 7:30 a 14:00 horas.
Prezos diarios: o prezo do programa é completo, non por días soltos.
- Atención educativa: 5 euros
- Almorzo: 0,50 euros
- Xantar: 3,5 euros
- Servizo completo: 9 euros
Consultar a táboa de prezos e bonificacións (BOP nº 33 do 19/02/16 e no BOP nº 229 do 02/12/2016) para outras opcións.
A listaxe provisional de admitidos/as publicarase a partir do 2 de decembro na web teo.gal e no taboleiro do Concello.
O pagamento hai que formalizalo do 2 ao 11 de decembro. O comprobante de pagamento deberá ser entregado no Concello antes do 14 de decembro. Pódese enviar a cim@teo.gal. Se non se entrega o xustificante pérdese o dereito á praza.
A listaxe definitiva de admitidos/as publicarase o 16 de decembo.
Máis información nos seguintes teléfonos: 981.938.475 ou no 981.815.700.