Listaxes provisionais. Diverteo xuño 2020

Data presentación
Data presentación fin

Reunión informativa sobre as condicións de funcionamento do Diverteo Xuño. 

Farase unha reunión informativa sobre o Diverteo Xuño o mércores 17 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Constante Liste,na Ramallosa. Esta reunión está dirixida exclusivamente ás persoas que teñen praza no Diverteo Xuño. 

Publícanse as listaxes provisionais do Diverteo Xuño. 

Consulta aquí a listaxe provisional de Calo

Consulta aquí a listaxe provisional da Ramallosa

Consulta aquí a listaxe provisional dos Tilos

O pagamento hai que facelo entre o 8 e o 17 de xuño. Unha vez realizado o pagamento hai que entregar o xustificante de pago no Concello ou enviando un correo electrónico a cim@teo.gal. De non facer o pagamento no prazo entenderase que se renuncia á praza.

Descarga aquí a folla de autoliquidación de taxas. 

Unha vez rematado o prazo de pagamento publicarase a listaxe definitiva. 

PREZOS DIARIOS: consultar a táboa de prezos e bonificacións (BOP nº. 33, do 19/02/16 e no BOP nº. 229 do 02/12/2016) para outras opcións. Cada programa págase completo, non por días soltos.

Publicado en teo.gal o 3 de xuño de 2020

O Departamento de Benestar publica a convocatoria do Diverteo para o verán. O Diverteo é unha actividade de conciliación dirixida a nenos/as escolarizados/as de 3 a 12 anos.

Este ano, polas circunstancias extraordinarias derivadas do estado de alarma, os prazos administrativos están suspendidos. Por medio dunha resolución da alcaldía acodouse seguir coa continuación de inscrición e adxudicación das prazas do Diverteo por se unha ferramenta importante para a conciliación das familias. Sen embargo todas as actuacións realizadas no procedemento de adxudicación das prazas do Diverteo, quedarán en todo caso condicionadas a que o estado de alarma e a crise sanitaria e as normas que se vaian ditando ao efecto, permitan a súa celebración, sen que en ningún caso destas actuacións se derive ningún tipo de dereito adquirido para os posibles usuarios/as.

Os Diverteos de xuño a setembro 2020 terán un horario en servizo completo de 07:30 a 15:30 e sen xantar de 7:30 a 14:00 horas.

PREZOS DIARIOS: consultar a táboa de prezos e bonificacións (BOP nº. 33, do 19/02/16 e no BOP nº. 229 do 02/12/2016) para outras opcións. Cada programa págase completo, non por días soltos.

. Atención educativa : 5 €

. Almorzo: 0,5 €

. Xantar: 3,5 €

. Servizo completo: 9 €

Está dirixido a nenas e nenos escolarizados nos CEIPs e CRA entre 3 e 12 anos, con preferencia para os/as empadroados/as en Teo.

Os lugares de celebración serán os CEIPs de Calo, A Ramallosa e Os Tilos. O Diverteo de agosto farase só no colexio da Ramallosa.

Descarga aquí a ficha de inscrición para os Diverteo do verán

DIVERTEO XUÑO

Datas de celebración: do 22 ao 30 de xuño.

INSCRICIÓN: do 18 ao 28 de maio.

LISTAXE PROVISIONAL: o 29 de maio na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do Concello.

PAGAMENTO e LISTAXE DEFINITIVA: En canto se coñezan as condicións de seguridade fixadas polas autoridades competentes para este tipo de servizos.

Máis información sobre este servizo nos teléfonos: 981.815.700 e 981.938.475.