Listaxes provisionais. Diverteo Setembro 2019

Data presentación
Data presentación fin

Publícanse as listaxes provisionais do Diverteo Setembro. Consulta aquí as listaxes: 

Tamén se convoca unha reunión informativa só para as familias que solicitaron o diverteo na Ramallosa para determinar o lugar de realización do mesmo o luns 12 de agosto ás 19:30 horas no salón de plenos. 

Tamén lembramos que o Diverteo setembro funcionará do 2 ao 10 de setembro, ambos incluídos. Este dato é importante telo en conta para facer o pago. 

pagamento farase ata o 16 de agosto podendo entregar o xustificante de pago ata o 19 de agosto.

listaxe definitiva publicarase o 22 de agosto.

Descarga aquí a folla de autoliquidación das taxas

Publicado en teo.gal o 08 de agosto de 2019. 

O servizo de conciliación Diverteo funciona nos períodos de vacacións escolares. Está destinado a nenos e nenas escolarizados nos CEIPs e CRA entre 3 e 12 anos, con preferencia para os empadroados en Teo.

O lugar de celebración son os CEIPs de Calo, A Ramallosa e Os Tilos. O horario do servizo completo é de 07:30 a 15:30 horas mentras que sen xantar é de 07:30 a 14:00 horas.

Diverteo setembro realízase do 2 ao 11 setembro.

inscrición para o Diverteo Setembro está aberta do 6 de maio ao 6 de agosto. Deben entregar a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello nese prazo.

listaxe provisional publicarase o 8 de agosto na web e no taboleiro do Concello.

pagamento farase ata o 16 de agosto podendo entregar o xustificante de pago ata o 19 de agosto.

listaxe definitiva publicarase o 22 de agosto.

Prezos diarios:

  • Atención educativa: 5 euros

  • Almorzo: 0,5 euros

  • Xantar: 3,5 euros

  • Servizo completo: 9 euros

Pódese consultar a táboa de prezos e bonificacións na  ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar e na modificación da Ordenanza do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación

Cada programa pagarase completo, non por días soltos.

Este programa está organizada polo Concello de Teo (Departamento de Igualdade). 

Para máis información poden chamar ao Concello de Teo (981.815.700//981.809.707) e preguntar polo CIM.