Listaxes definitivas do Diverteo xullo 2020. Reunión informativa o 30.

Data presentación
Data presentación fin

Reunión informativa sobre as condicións de funcionamento do Diverteo Xullo o 30 de xuño. 

Farase unha reunión informativa sobre o Diverteo Xullo o martes 30 de xuño ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Constante Liste,na Ramallosa. Esta reunión está dirixida exclusivamente ás persoas que teñen praza no Diverteo Xullo. 

Publícanse as listaxes definitivas do Diverteo Xullo. 

Publicado en teo.gal o 25 de xuño de 2020. 

Publícanse as listaxes provisionais do Diverteo Xullo.

O pagamento hai que facelo entre o 15 e o 22 de xuño. Unha vez realizado o pagamento hai que entregar o xustificante de pago no Concello ou enviando un correo electrónico a cim@teo.gal ata o 23 de xuño. De non facer o pagamento no prazo entenderase que se renuncia á praza.

Descarga aquí a folla de autoliquidación de taxas. 

Unha vez rematado o prazo de pagamento publicarase a listaxe definitiva. 

Publicado en teo.gal o 11 de xuño de 2020.

PREZOS DIARIOS: consultar a táboa de prezos e bonificacións (BOP nº. 33, do 19/02/16 e no BOP nº. 229 do 02/12/2016) para outras opcións. Cada programa págase completo, non por días soltos.

O Departamento de Benestar publica a convocatoria do Diverteo para o verán. O Diverteo é unha actividade de conciliación dirixida a nenos/as escolarizados/as de 3 a 12 anos.

Este ano, polas circunstancias extraordinarias derivadas do estado de alarma, os prazos administrativos están suspendidos. Por medio dunha resolución da alcaldía acodouse seguir coa continuación de inscrición e adxudicación das prazas do Diverteo por se unha ferramenta importante para a conciliación das familias. Sen embargo todas as actuacións realizadas no procedemento de adxudicación das prazas do Diverteo, quedarán en todo caso condicionadas a que o estado de alarma e a crise sanitaria e as normas que se vaian ditando ao efecto, permitan a súa celebración, sen que en ningún caso destas actuacións se derive ningún tipo de dereito adquirido para os posibles usuarios/as.

Os Diverteos de xuño a setembro 2020 terán un horario en servizo completo de 07:30 a 15:30 e sen xantar de 7:30 a 14:00 horas.

PREZOS DIARIOS: consultar a táboa de prezos e bonificacións (BOP nº. 33, do 19/02/16 e no BOP nº. 229 do 02/12/2016) para outras opcións. Cada programa págase completo, non por días soltos.

. Atención educativa : 5 €

. Almorzo: 0,5 €

. Xantar: 3,5 €

. Servizo completo: 9 €

Está dirixido a nenas e nenos escolarizados nos CEIPs e CRA entre 3 e 12 anos, con preferencia para os/as empadroados/as en Teo.

Os lugares de celebración serán os CEIPs de Calo, A Ramallosa e Os Tilos. O Diverteo de agosto farase só no colexio da Ramallosa.

Descarga aquí a ficha de inscrición para os Diverteo do verán

DIVERTEO XULLO

Datas de celebración:

. Primeira quenda: do 1 ao 15 de xullo.

. Segunda quenda: do 16 ao 31 de xullo.

INSCRICIÓN: do 18 de maio ata o 5 de xuño.

LISTAXE PROVISIONAL: 9 de xuño na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do Concello.

PAGAMENTO E LISTAXE DEFINITIVA: En canto se coñezan as condicións de serguridade fixadas polas autoridades competentes para este tipo de servizos.

Máis información sobre este servizo nos teléfonos: 981.815.700 e 981.938.475.