Listaxes definitivas. Diverteo agosto 2020

Data presentación
Data presentación fin

Publícanse as listaxes definitivas do Diverteo Agosto. 

Listaxe definitiva Diverteo primeira quincena de agosto

Listaxe definitiva Diverteo segunda quincena de agosto

Publicado en teo.gal o 16 de xullo de 2020. 

Publícanse as listaxes provisionais do Diverteo Agosto. Lémbrase que o Diverteo agosto realízase nunha única ubicación, o colexio da Ramallosa. 

Primeira quincena agosto

Segunda quincena agosto 

Xa se pode facer o pagamento entre o 3 e o 14 de xullo. Unha vez realizado o pagamento hai que entregar o xustificante de pago no Concello ou enviando un correo electrónico a cim@teo.gal ata o 16 de xullo. De non facer o pagamento  entenderase que se renuncia á praza.

Descarga aquí a folla de autoliquidación de taxas. 

Unha vez rematado o prazo de pagamento publicarase a listaxe definitiva. 

Publicado en teo.gal o 3 de xullo de 2020.

O Departamento de Benestar publica a convocatoria do Diverteo para o verán. O Diverteo é unha actividade de conciliación dirixida a nenos/as escolarizados/as de 3 a 12 anos.

Este ano, polas circunstancias extraordinarias derivadas do estado de alarma, os prazos administrativos están suspendidos. Por medio dunha resolución da alcaldía acodouse seguir coa continuación de inscrición e adxudicación das prazas do Diverteo por se unha ferramenta importante para a conciliación das familias. Sen embargo todas as actuacións realizadas no procedemento de adxudicación das prazas do Diverteo, quedarán en todo caso condicionadas a que o estado de alarma e a crise sanitaria e as normas que se vaian ditando ao efecto, permitan a súa celebración, sen que en ningún caso destas actuacións se derive ningún tipo de dereito adquirido para os posibles usuarios/as.

Os Diverteos de xuño a setembro 2020 terán un horario en servizo completo de 07:30 a 15:30 e sen xantar de 7:30 a 14:00 horas.

PREZOS DIARIOS: consultar a táboa de prezos e bonificacións (BOP nº. 33, do 19/02/16 e no BOP nº. 229 do 02/12/2016) para outras opcións. Cada programa págase completo, non por días soltos.

. Atención educativa : 5 €

. Almorzo: 0,5 €

. Xantar: 3,5 €

. Servizo completo: 9 €

Está dirixido a nenas e nenos escolarizados nos CEIPs e CRA entre 3 e 12 anos, con preferencia para os/as empadroados/as en Teo.

Os lugares de celebración serán os CEIPs de Calo, A Ramallosa e Os Tilos. O Diverteo de agosto farase só no colexio da Ramallosa.

Descarga aquí a ficha de inscrición para os Diverteo do verán

DIVERTEO AGOSTO : FARASE SO CUN MINIMO DE 15 PARTICIPANTES E NO COLEXIO DA RAMALLOSA DATAS:

. Primeira quenda: do 3 ao 14 de agosto.

. Segunda quenda: do 17 ao 31 de agosto.

INSCRICIÓN: do 18 de maio ata o 30 de xuño.

LISTAXE PROVISIONAL: 3 de xullo na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do Concello.

PAGAMENTO E LISTAXE DEFINITIVA: En canto se coñezan as condicións de serguridade fixadas polas autoridades competentes para este tipo de servizos.

Máis información sobre este servizo nos teléfonos: 981.815.700 e 981.938.475.