Listaxes de admitidos/as nas escolas Culturais municipais durante o curso 2017-2018

Publícanse as listaxes de admitidos/as nas escolas culturais para o curso 2017/18.

Consulta aquí as listaxes.

No arquivo xa indica que antes do inicio do curso en outubro haberá reunións informativas en cada disciplina.

AVISO. No obradoiro de danza contemporánea sigue habendo prazas polo que se hai persoas interesadas pódense anotar aínda. A clase vaina dar persoal docente que imparte tamén no centro Alfaia en Santiago. O curso será os venres na Casa Común de Cacheiras de 16:00 a 17:10 e está dirixido a nenos/as de 6 a 8 anos.

Publicado en teo.gal o 21 de setembro de 2017.

Publícanse os folletos de información coas escolas culturais municipais durante o curso 2017-2018.

O prazo de preinscrición está establecido entre o 1 e o 15 de setembro e realizarase por orde de entrada no Rexistro de Entrada no Concello. Polo tanto, a partir do 21 de setembro as persoas preinscritas poderán consultar a súa admisión, ben na web municipal, ben no propio Departamento de Cultura municipal, antes de confirmar a matrícula mediante o pagamento da taxa.


O pagamento realizarase entre o 21 ao 29 de setembro. Débese entregar o resgardo no Departamento de Cultura ou envialo a cultura@teo.gal. O pagamento pódese realizar mediante un formulario de taxas directamente na oficina bancaria ou mediante transferencia.


A matrícula é de 60 euros anuais. Pódese efectuar todo xunto ou dividir en tres pagos: 1º pago: do 21 ao 29 de setembro – 2º pago: na segunda quincena de xaneiro – 3º pago: na segunda quincena de marzo.

Podes consultar o folleto da convocatoria e o formulario de inscrición.