Listaxes da comisión de baremación das escolas infantís. Setembro 2020.

Data presentación
Data presentación fin

Publícase a información sobre as listaxes actualizadas no mes de setembro de 2020 de solicitudes admitidas e adxudicación de prazas nas Escolas infantís municipais. 

Consulta aquí as listaxes actualizadas. Setembro 2020. 

Descarga aquí o impreso de matrícula extraordinaria. 

Todas as persoas que aparecen como adxudicatarias dunha praza deben de formalizar a matrícula no período indicado, de non ser así perderíase a praza.

O impreso de matrícula está á súa disposición na web municipal, nos servizos sociais comunitarios e no rexistro xeral do concello e nas escolas infantís. O prazo de presentación de matrícula está aberto do día 24 de setembro ao 15 de
outubro
, ambos incluídos.
As persoas que eran solicitantes de varios centros, e non conseguiron praza na súa opción preferente, aparecerán nas distintas listaxes indicando no seu caso se conseguen praza nunha opción non preferente. Non obstante unha vez confirmada unha adxudicación de praza nun centro, somentes poderán permanecer na listaxe de agarda dese mesmo centro en horario distinto ao concedido. 

É importante que cumprimenten correctamente o impreso de matrícula. Non esquezan cubrir todos os apartados. Aquelas persoas que teñen concedido un horario de tarde e que segundo a listaxe definitiva seguen en agarda no horario de mañá deben confirmar no impreso de matrícula que están interesadas en manter esta situación. 

A formalización da matrícula pode facerse: Presencialmente: no rexistro do concello, presentando o impreso de matrícula. Pola sede electrónica: a través da solicitude xeral, xuntando o impreso de matrícula. 

O horario no que debe efectuarse a matrícula debe corresponderse co horario concedido nas listaxes definitivas. Se precisan realizar axustes no horario concedido, teñan en conta os seguintes aspectos: Respectar a quenda na que foi concedida a praza (a de mañá abrangue das 7:30 ás 16:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:30 horas). Non se autorizan entradas e saídas durante o horario lectivo (de mañá: entre as 10:00 e as 12:30 horas, de tarde entre as 16:30 e as 17:30 horas). Para as nenas e nenos que utilicen os servizos de comedor é obrigatorio que permanezan no centro durante a totalidade do horario da súa prestación: Almorzo: 7:30 a 9:00 horas. Xantar: 12:30 a 14:00 horas. Merenda: 17:30 a 18:30 horas. O alumnado que está nestes horarios no centro debe usar o servizo.

Publicado en teo.gal o 22 de setembro de 2020.