Listaxe definitiva do Diverteo Entroido

Data presentación
Data presentación fin

Publícase a listaxe definitva de persoas admitidas no Diverteo entroido 

Consulta aquí a listaxe definitiva

Publicado en teo.gal o 19 de febreiro de 2020

Publícase a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no Diverteo Entroido que se celebrará no CEIP da Ramallosa os días 24, 25 e 26 de xaneiro. 

Consulta aquí a listaxe provisional

Unha vez comprobado que a persoa solicitante ten praza, hai que realizar o pagamento do 10 ao 17 de febreiro. O comprobante do pagamento deberá ser entregado no Concello antes do 18 de febreiro. Se non se entrega o xustificante pérdese o dereito á praza. 

Descarga aquí a folla de autoliquidación da taxa polo servizo de conciliación

A listaxe definitiva de admitidos/as publicarase o 19 de febreiro e se quedan prazas farase chamamento da listaxe de agarda. 

Publicado en teo.gal o 7 de febreiro de 2020

O Concello abre o prazo para inscribirse no Diverteo Entroido. Esta actividade que busca facilitar a conciliación familiar nos períodos de vacacións escolares realizarase os días 24, 25 e 26 de febreiro. 

Está dirixido a nenos e nenas escolarizados nos CEIPs e CRA entre 3 e 12 anos, con preferencia para empadroadas/os no Concello de Teo. 

Prazo de inscrición: do 27 de xaneiro ata  7 de febreiro. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres, de 08:00 a 14:00 horas. 

O Diverteo Entroido realízase só no CEIP da Ramallosa. O horario é de 07:30 a 15:30 o servizo completo e de 07:30 a 14:00 horas na modalidade sen xantar. 

O prezo diario é o seguinte: 

  • Atención educativa: 5,00 euros
  • Almorzo: 0,50 euros
  • Xantar: 3,50 euros
  • Servizo completo: 9,00 euros

Descarga aquí a ficha de inscrición

Listaxe provisional de admitidos/as: a partir do 10 de febreiro na páxina web e no taboleiro do Concello. 

Unha vez comprobado que a persoa solicitante ten praza, hai que realizar o pagamento do 10 ao 17 de febreiro. O comprobante do pagamento deberá ser entregado no Concello antes do 18 de febreiro. Se non se entrega o xustificante pérdese o dereito á praza. 

A listaxe definitiva de admitidos/as pulibcarase o 19 de febreiro e se quedan prazas farase chamamento da listaxe de agarda. 

Máis información no teléfono 981.809.707.