Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de biblioteca e data de exame

Data presentación

Publícase a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso convocado para a selección e contratación, como persoal laboral fixo, polo sistema de concurso – oposición, dunha posto de AUXILIAR DE BIBLIOTECA do Concello de Teo. 

Consulta aquí a lista definitiva. 

Tamén se acorda establecer a reunión para a constitución do Tribunal cualificador o día 29 de outubro de 2020 ás 8.30 horas e para a realización do primeiro exercicio o día 29 de outubro de 2020, ás 11.30 horas, debendo presentar as persoas aspirantes a documentación identificativa. Os exercicios desenvolveranse no edificio do Auditorio Municipal “Constante Liste”, rúa da Lagoa, Ramallosa.

Publicado en teo.gal o 16 de outubro de 2020. 

Publícase a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de biblioteca do Concello de Teo. 

Consulta aquí a listaxe provisional. 

O prazo de reclamacións a esta listaxe é de 10 días hábiles dende a súa publicación. Polo tanto o prazo de reclamacións é dende o luns 3 de febreiro ata o venres 14 de febreiro (ambos os dous incluídos).

Publicado en teo.gal o 31/01/2020

O BOE número 308 do 24 de decembro de 2019 publica a convocatoria dunha praza de auxiliar de biblioteca, en réxime de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de concurso-oposición, reservado a persoas con discapacidade, de grao igual ou superior ao 33%. 

O prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso é de 20 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación. Neste caso, que a publicación foi o 24, o seguinte día hábil é o 26 de decembro. En consecuencia, o prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o día 26 de decembro ao 24 de xaneiro, ambos os dous incluídos.

Descarga aquí a instancia para participar no proceso selectivo. 

As bases completas que regulan a convocatoria podes consultalas premendo aquí

O anuncio desta convocatoria publicouse no BOP número 224 do 25 de novembro e no DOG número 234 do 10 de decembro de 2019. 

Publicado en teo.gal o 26 de decembro de 2019. 

Publícase no BOP número 224 do 25 de novembro de 2019 o anuncio da Convocatoria e Bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha (1) praza de auxiliar de biblioteca correspondente á oferta de emprego público 2019. 

Por resolución da Alcaldía nº 937/2019 do Concello de Teo de data 18 de novembro de 2019, aprobáronse as bases e a convocatoria para a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, dunha praza de auxiliar de biblioteca, mediante o sistema de concurso – oposición. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.

As bases reguladoras que rexerán a convocatoria podes consultalas premendo aquí