Listaxe de solicitudes ADMITIDAS para o Campamento de verán XUVENIL

Data presentación
Data presentación fin

Despois do sorteo celebrado o 1 de xuño publícase a listaxe definitiva de solicitudes admitidas para o campamento xuvenil.

Consulta aquí  a listaxe

Todos/as os/as admitidos/as teñen de prazo para facer o pagamento ata o día 16 de xuño e entregar o xustificante no departamento de Deportes do Concello ou mandar copia a deportes@teo.gal.

Aquelas persoas que renuncia á praza deben mandar un correo electrónico coa renuncia a deportes@teo.gal para que poida chamarse ás persoas da listaxe de agarda.

Lembramos que a reunión informativa é o día 7 de xuño ás 20:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. As persoas que non entregaron foto deben facelo.

Publicado en teo.gal o 4 de xuño de 2018

Publícase a listaxe de solicitudes para o campamento xuvenil. Consulta aquí a listaxe

Ao haber máis solicitudes ca prazas, o día 1 de xuño ás 19:00 horas realizarase un sorteo público na Casa do Concello.

A reunión informativa será o 7 de xuño ás 20:30 horas no salón de plenos do Concello.

Pulicado en teo.gal o 24 de maio de 2018

O Concello abre a inscrición no Campamento de verán xuvenil. Está dirixido a rapaces e rapazas nados/as entre o 2001 e 2005 empadroados/as no Concello de Teo. Celebrarase do 1 ao 9 de agosto no albergue xuvenil de Reinante, en Barreiros-Lugo. O número de prazas é de 65+5 para emerxencia social.

RESERVA DE PRAZA: hai que facela entregando a ficha de inscrición no rexistro xeral do concello do 2 ao 16 de maio. A listaxe de solicitudes estará exposta no taboleiro do Rexistro Xeral do Concello e na páxina www.teo.gal a partir do día 25 de maio. 

No caso de que haxa máis solicitudes ca prazas haberá un sorteo o 1 de xuño ás 19:00 horas na Casa do Concello.

COTA DE INSCRICIÓN: 90 euros. Consultar exencións e bonificacións no BOP nº. 195, do 13/10/2011.

DOCUMENTACIÓN: ficha de inscrición, unha foto actual de carné, no caso de tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, un xustificante médico.

LISTAXE DE ADMITIDOS/AS: estará exposta no taboleiro do Rexistro Xeral do Concello e na páxina www.teo.gal a partir do día 5 de xuño.

Todo/a aquel/a que desexe renunciar á súa praza deberá comunicalo por rexistro ou por correo electrónico en deportes@teo.gal

PAGAMENTO: hai que facelo do 6 de xuño ao 16 de xuño unha vez comprobada a admisión. Entregar o xustificante de pago no Departamento de Deportes do Concello. O xustificante pódese enviar por correo a deportes@teo.gal Se o día 18 de xuño non está depositado no Concello o xustificante de pagamento enténdese que se renuncia á praza, polo que se chamará ás solicitudes da listaxe de agarda.

REUNIÓN INFORMATIVA: informarase da data no INFORMATEO de XUÑO.

Esta actividade está organizada polo Concello de Teo e conta cunha subvención da Deputación da Coruña.

Consulta premendo aquí a información sobre o CAMPAMENTO INFANTIL