Lista provisional da bolsa de emprego de persoal administrativo

Data presentación
Data presentación fin

Publícase a resolución pola que se aproba a lista provisional para a bolsa de emprego de persoal administrativo.

Consulta aquí a lista provisional 

O prazo para emenda ou subsanación é de 5 días hábiles polo que o prazo é do martes 16 e o martes 23 de marzo, ambos os dous incluídos.

Publicado en teo.gal o 15 de marzo de 2021. 

Publícase no DOG número 25 de 8 de febreiro o ANUNCIO da convocatoria e bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal administrativo.

A Resolución da Alcaldía nº 6/2021, do 5 de xaneiro de 2021, aprobou a convocatoria e as bases específicas reguladoras do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal administrativo do Concello de Teo, mediante o sistema de oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 9, do 15 de xaneiro de 2021, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de transparencia do Concello de Teo www.teo.gal.

Publícase a instancia para participar no proceso selectivo para a constitución da bolsa de emprego de persoal administrativo.

O prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación no DOG, polo que o prazo esténdese desde o 9 ao 22 de febreiro, ambos os dous incluídos.

Publicado en teo.gal o 8 de febreiro de 2021. 

Publícase no BOP número 9 do 15 de xaneiro o anuncio da convocatoria e bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal administrativo do Concello de Teo. 

A Resolución da Alcaldía nº 6/2021, de data 5 de xaneiro de 2021, aprobou a convocatoria e as Bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal administrativo do Concello de Teo.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria.

Publicado en teo.gal o 15 de xaneiro de 2021.