Inscrición no Diverteo Semana Santa

Data presentación
Data presentación fin

Publícase a convocatoria do Diverteo Semana Santa 2018. O programa de conciliación funcionará os días 26, 27 e 28 de marzo e 2 de abril nos CEIPs de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. O horario do servizo é de 07:30 a 15:30 horas con comedor ou de 07:30 a 14:00 horas sen comedor. O programa está dirixido a nenos/as escolarizados/as nos CEIPs e CRA de idades entre os 3 e os 12 anos, con preferencia para as persoas empadroadas en Teo.

A inscrición está aberta dende o 12 ao 26 de febreiro. Haberá que entregar a ficha de inscrición no rexistro do Concello aberto de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas. 

Os prezos por día son os seguintes:

Atención educativa: 5 euros. Almorzo: 0,5 euros. Xantar: 3,5 euros. Servizo completo: 9 euros.

O prezo do programa é completo, non por días soltos.

Consultar a táboa de prezos e bonificacións (bop nº 33, do 19/02/16 e no bop nº 229 do 02/12/2016) para outras opcións.

A listaxe de admitidas/os publicarase a partir do 28 de febreiro na páxina web (teo.gal) e no taboleiro do Concello.

O pagamento pódese facer ata o 09 de marzo, incluído. Unha vez feito o pagamento hai que entregar o comprobante no Concello antes do 10 de marzo. Se non se entrega o xustificante pérdese o dereito á praza.

O 13 de marzo publicarase a lista definitiva de admitidos/as e farase chamamento ao listado de agarda se quedan vacantes.

Máis información sobre esta convocatoria no teléfono do Concello: 981.815.700.

Esta actividade está organizada polo Concello de Teo (Departamento de Igualdade) e está subvencionada pola Unión Europea e pola Xunta de Galicia.