Inscrición na Liga de Fútbol Sala Concello de Teo

Data presentación
Data presentación fin

A Concellaría de Deportes abriu, como cada ano, a inscrición para a Liga de fútbol sala Concello de Teo. Os equipos interesados, que teñen que ser do Concello, deberán presentar unha folla de solicitude debidamente cuberta a partir do venres 11 de outubro de 2019 e ata o mércores 23 de outubro de 2019 e entregala no Rexistro do Concello de Teo

Podes consultar aquí as bases da liga de fútbol sala.

Podes descargar aquí a solicitude de inscrición.

Máis información no teléfono 981 815 700 (Deportes) ou no correo electrónico: deportes@teo.gal