Escolas deportivas municipais 2021/22

Data presentación
Data presentación fin

AVISO SOBRE O PAGAMENTO

Deportes informa de que o prazo de pagamento das escolas deportivas se amplía ata o 31 de outubro. 

A decisión de ampliar este prazo tómase polas dificultades que se están detectando co pago a través do portal tributario e para que eso non supoña ningún inconvinte na confirmación das prazas adxudicadas. 

Publicado en teo.gal o 1 de outubro. 

LISTAXES PERSOAS ADMITIDAS NAS ESCOLAS DEPORTIVAS

Publícanse as listaxes de persoas admitidas e en listaxe de agarda en pádel e en natación despois do sorteo celebrado o 30 de setembro de 2021. 

Consulta aquí as listaxes

Publicado en teo.gal o 30 de setembro de 2021. 

Publícanse as listaxes de persoas admitidas nas escolas deportivas para o próximo curso 2021/22. 

As listas publícanse sen datos persoais identificando cada solicitude co seu número de rexistro. Se non se lembra ese número poden chamar ao Departamento correspondente para facer a consulta. 

As actividades de rapaces/zas de KICKBOXING e TENIS PERFECCIONAMENTO CALO non tiveron o número suficiente de inscricións. As persoas que fixeron a inscrición nestas actividades pódense poñer en contacto co Departamento de Deportes para mirar a posibilidade de colocarse noutras actividades. Nas listaxes hai que comprobar os horarios definitivos así como se hai proba de nivel ou pospoñer o pago ata a confirmación de grupos. 

As solicitudes de non empadroados/as no Concello pasan a unha listaxe de agarda xunto coas feitas fóra de prazo para, unha vez pasado o período de pago da actividade, se é posible completar os grupos.

Unha vez comprobada a inscrición hai que facer o pago da taxa correspondente do 24 de setembro ao 1 de outubro de 2021 (agás os/as que teñen pendente a confirmación de grupo ou están pendentes de facer sorteo de prazas).

Este ano o Concello xa conta cun Portal Tributario polo que o pago da taxa recoméndase facelo a través deste medio. Hai que lembrar que debe facerse o pago polos trimestres nos que se fixo a inscrición. No caso de solicitar bonificación hai que enviar a documentación xustificativa por Sede Electrónica ou darlle entrada no Concello de Teo polo Rexistro de Entrada.

Entra aquí no Portal Tributario do Concello de Teo. Dende este portal podes facer a autoliquidación da taxa da actividade na que esteas admitido/a e realizar o pagamento directamente a través dunha pasarela de pago na que entras premendo aquí

Podes consultar aquí un titorial sobre o funcionamento do Portal tributario.

As actividades comenzarán a partir do día 4 de outubro.

Publicado en teo.gal o 23 de setembro de 2021. 

INSCRICIÓN 

Publícase a oferta das escolas deportivas municipais para o curso 2021/22

Actividades na piscina municipal da Ramallosa

Para as actividades ofertadas na piscina cuberta da Ramallosa (excepto as escolas de nenos/as de natación) debe consultarse a inscrición, os horarios, prezos e demais información na propia instalación (981 803 922).

INFORMACIÓN XERAL 

Inscrición

Para o primeiro trimestre ou os tres tres trimestres (o curso completo) realizarase do 6 ao 17 de setembro no Rexistro Xeral do Concello e terán preferencia os/as empadroados/as no Concello. 

Para o segundo e terceiro trimestre abrirase un período de inscrición de quedar vacantes na primeira quincena de xaneiro e na segunda quincena de marzo respectivamente. 

Pódense consultar as listaxes a partir do 23 de setembro en www.teo.gal ou no Departamento de Deportes. No caso de haber máis solicitudes ca prazas haberá un sorteo público na Casa do Concello (a data do sorteo publicarase coas listaxes o día 23). 

Número de prazas

Será en función do protocolo e das normas sanitarias que estean en vigor no momento de comezar as actividades. 

Pagamento de actividades e escolas deportivas

Do 24 de setembro ao 1 de outubro segundo se indica nos seguintes enlaces:

https://ovt.teo.gal/portalCiudadano/portal/

https://ovt.teo.gal/portalCiudadano

Consultar bonificacións no BOP número 195 do 13/10/2011 e no BOP número 12 do 20/01/2020

Duración do curso

Rapaces/zas

Do 4 de outubro ao 3 de xuño. Na primeira quincena de xuño serán as clausuras. 

Persoas adultas

Do 4 de outubro ao 10 de xuño. 

Durante as vacacións escolares non haberá actividades. 

Naquelas actividades onde haxa diferentes niveis, os/as monitores/as decidirán onde vai cada alumno/a no primeiro día de clase ou mediante proba de nivel que se fixará con antelación. 

O Concello de Teo poderá realizar as modificacións, tanto nas actividades programadas coma nos horarios e instalacións, que estime oportunas por necesidades de programación no Concello. 

Cando se teñan que suspender as actividades de forma inmediata comunicarase a través de redes sociais do Concello de Teo. 

Máis información no Departamento de Deportes (881 978 433)

Nota importante: tanto as actividades como os horarios están a expensas dos protocolos e normas sanitarias que se teñan que aplicar no momento da súa realización 

PORTAL TRIBUTARIO. Descarga aquí un titorial sobre o funcionamento do portal tributario. 

escolas deportivas