Escolas deportivas de verán

Data presentación
Data presentación fin

Publícase a oferta das escolas deportivas de verán que se realizarán durante o mes de xullo coa intención de recuperar parte da práctica deportiva perdida neste curso polas restricións impostas pola crise sanitaria. 

  • Podes consultar aquí a oferta das escolas deportivas de verán para nenos/as 
  • Podes consultar aquí a oferta das escolas deportivas de verán para persoas adultas 

Inscrición: Realizarase do 2 ao 15 de xuño no Rexistro Xeral do Concello entregando a ficha de inscrición debidamente cuberta. Terán preferencia os/as empadroados/as no Concello e os participanes nas escolas deportivas do curso 2020/2021.

  • Podes descargar aquí a ficha de inscrición das escolas deportivas de verán para nenos/as 
  • Podes descargar aquí a ficha de inscrición das escolas deportivas de verán para persoas adultas 

Listaxes: Pódense consultar as listaxes a partir do 21 de xuño en www.teo.gal ou no Departamento de Deportes. No caso de haber máis solicitudes ca prazas haberá un sorteo público na Casa do Concello (a data do sorteo publicarase coas listaxes o día 21).

Número de prazas: Estableceranse en función do protocolo e das normas sanitarias que estean en vigor no momento de comezar as actividades.

Pagamento de actividades e escolas deportiva: do 21 de xuño ao 2 de xullo. Débese entregar o resgardo no Departamento de Deportes ou envialo a deportes@teo.gal. O pagamento pódese realizar mediante un formulario de taxas directamente na oficina bancaria ou mediante transferencia bancaria.

Prezos: Un pago de 20 euros. Consultar bonificacións no BOP núm. 195, do 13/10/2011 e o BOP núm. 12, do 20/01/2020

Duración do curso: do 5 ao 31 de xullo. O Concello de Teo poderá realizar as modificacións, tanto nas actividades programadas coma nos horarios e instalacións, que estime oportunas por necesidades de programación do Concello. Cando se teñan que suspender as actividades de forma inmediata comunicarase a través do FACEBOOK Teo Deporte.

Máis información no Departamento de Deportes.