Escolas culturais municipais 2021/22

Data presentación
Data presentación fin

AVISO SOBRE O PAGAMENTO

Cultura informa de que o prazo de pagamento das escolas culturais se amplía ata o 31 de outubro. 

A decisión de ampliar este prazo tómase polas dificultades que se están detectando co pago a través do portal tributario e para que eso non supoña ningún inconvinte na confirmación das prazas adxudicadas. 

Publicado en teo.gal o 1 de outubro. 

LISTAXES ESCOLAS CULTURAIS

Publícanse as listaxes das escolas culturais. 

A efectividade da matrícula farase mediante o pago da taxa correspondente entre o 24 de setembro e o 1 de outubro segundo se indica nos seguintes enlaces https://ovt.teo.gal/portalCiudadano/portal/ e https://ovt.teo.gal/portalCiudadano

Descarga aquí un titorial sobre o funcionamento do portal tributario. 

Consultar bonificacións no BOP núm. 195 do 13/10/2011 e no BOP núm. 12 do 20/01/2020.

Publicado en teo.gal o 24 de setembro de 2021. 

INSCRICIÓN

Cultura publica o oferta das escolas culturais municipais para o curso 2021/22. 

Consulta aquí a oferta de actividades nas que podes inscribirte. 

Este ano ademais da oferta habitual dende Cultura presenta a Escola de maxia infantil impartida polo mago Romarís que se celebrará os luns dende o 4 de outubro ao 20 de decembro cun custe de 20 euros. A inscrición está aberta dende o 6 ao 17 de setembro coma o resto das escolas culturais. A ficha de inscrición para maxia podes descargala premendo aquí

Está dirixida a nenos/as de 8 a 12 anos e hai dez prazas por grupo.

Están previstos dous grupos: 

  • Luns na Biblioteca Común dos Tilos de 16:30 a 18:00 horas. 
  • Luns no Auditorio Constante Liste de 18:30 a 20:00 horas. 

Inscrición: Para o primeiro trimestre ou os tres trimestres completos realizarase do 6 ao 17 de setembro no Rexistro Xeral do Concello e terán preferencia os/as empadroados/as no Concello. Para o segundo e terceiro trimestre abrirase un período de inscrición no caso de quedar vacantes na primeira quincena de xaneiro e na segunda quincena de marzo respectivamente. Pódense consultar as listaxes a partir do 23 de setembro en www.teo.gal ou no Departamento de Cultura. 

No caso de haber máis solicitudes ca prazas haberá un sorteo público no Auditorio (a data do sorteo publicarase coas listaxes o día 23). 

Número de prazas: Aínda que nun principio se reservarán 10 prazas por actividade, estas iranse adaptando en función do protocolo e das normas sanitarias que estean en vigor.

PAGAMENTO DE ACTIVIDADES E ESCOLAS CULTURAIS

A efectividade da matrícula farase mediante o pago da taxa correspondente entre o 24 de setembro e o 1 de outubro segundo se indica nos seguintes enlaces https://ovt.teo.gal/portalCiudadano/portal/ e https://ovt.teo.gal/portalCiudadano

Consultar bonificacións no BOP núm. 195 do 13/10/2011 e no BOP núm. 12 do 20/01/2020.

Duración: Do 4 de outubro ao 3 de xuño.

DURANTE AS VACACIÓNS ESCOLARES NON HABERÁ ACTIVIDADES

O Concello de Teo poderá realizar as modificacións, tanto nas actividades programadas coma nos horarios, número de prazas e instalacións, que estime oportunas por necesidades de programación do Concello. Cando se teñan que suspender as actividades de forma inmediata comunicarase a través das redes sociais do Concello de Teo.

Máis información no Departamento de Cultura (981.941.063/881.978.433) e na páxina web www.teo.gal

NOTA IMPORTANTE

As escolas culturais estarán supeditadas as medidas sanitarias do protocolo COVID-19 e adaptadas as normativas en vigor en cada momento da súa realización. Por mor destas circunstancias tanto as actividades propostas como os horarios e o número de prazas da programacion do curso 2021/2022 son orientativas e suxeitas a modificacións.

PORTAL TRIBUTARIO. Descarga aquí un titorial sobre o funcionamento do portal tributario. 

escolas culturais

maxia