Diverteo Xuño

Data presentación
Data presentación fin

LISTAXES DEFINITIVAS

Publícanse as listaxes definitiva de persoas admitidas no Diverteo Xuño. 

  • Consulta aquí a listaxe definitiva do Diverteo Xuño en Calo
  • Consulta aquí a listaxe definitiva do Diverteo Xuño nos Tilos
  • Consulta aquí a listaxe definitiva do Diverteo Xuño na Ramallosa

Publicado en teo.gal o 14 de xuño de 2021. 

LISTAXES PROVISIONAIS

Publícanse as listaxes provisionais de persoas admitidas no Diverteo Xuño. 

  • Consulta aquí a listaxe provisional do Diverteo Xuño en Calo
  • Consulta aquí a listaxe provisional do Diverteo Xuño nos Tilos
  • Consulta aquí a listaxe provisional do Diverteo Xuño na Ramallosa

pagamento farase do 1 ao 10 de xuño podendo entregar o xustificante de pago ata o 11 de xuño. Podes enviar o xustificante a cim@teo.gal.

Podes descargar premendo aquí a folla de autoliquidación. 

Publicado en teo.gal o 31 de maio de 2021. 

O servizo de conciliación Diverteo funciona nos períodos de vacacións escolares. Está destinado a nenos e nenas escolarizados nos CEIPs e CRA entre 3 e 12 anos, con preferencia para os empadroados en Teo.

O lugar de celebración son os CEIPs de Calo, A Ramallosa e Os Tilos. O horario do servizo completo (con comida) é de 07:30 a 15:30 horas mentras que sen xantar é de 07:30 a 14:00 horas.

DIVERTEO XUÑO

Diverteo xuño realízase do 23 ao 30 de xuño (6 días).

inscrición para o Diverteo Xuño está aberta do 10 ao 28 de maio. Deben entregar a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello ou na Sede electrónica nese prazo.

listaxe provisional publicarase o 1 de xuño na web e no taboleiro do Concello.

pagamento farase do 1 ao 10 de xuño podendo entregar o xustificante de pago ata o 11 de xuño.

listaxe definitiva publicarase o 14 de xuño.

Podes descargar aquí a ficha de inscrición para calquera dos programas de verán. 

IMPORTANTE: Xunto coa ficha de inscrición hai que entregar a declaración covid, que podes descargar premendo aquí, asinada. 

Prezos diarios:

  • Atención educativa: 5 euros

  • Almorzo: 0,5 euros

  • Xantar: 3,5 euros

  • Servizo completo: 9 euros

Pódese consultar a táboa de prezos e bonificacións na Ordenanza reguladora do prezo público por servizos de conciliación publicada no BOP nº 45 do 9 de marzo de 2021. 

Cada programa pagarase completo, non por días soltos.

Este programa está organizada polo Concello de Teo (Departamento de Benestar). 

Para máis información poden chamar ao Concello de Teo (981.815.700//981.938.475) e preguntar polo CIM.