Diverteo Semana Santa. Inscrición.

Data presentación
Data presentación fin

Abre o prazo para inscribirse no Diverteo Semana Santa que se realizará os días 29, 30 e 31 de marzo e o 5 de abril de 2021. O programa está dirixido a crianzas escolarizadas nos CEIPs e CRA entre os 3 e os 12 anos con preferencia para as persoas empadroadas no Concello de Teo. 

A inscrición está aberta do martes 23 de febreiro ao mércores 10 de marzo de 2021. Descarga aquí a ficha de inscrición. A solicitude debe facerse no Rexistro xeral do Concello de 08:00 horas a 14:00 horas ou na sede electrónica do Concello

O Diverteo realízase nos CEIPs de Calo, Os Tilos e A Ramallosa nos seguintes horarios: 

  • Servizo completo: de 7:30 a 15:30 horas. 
  • Sen xantar: de 7:30 a 14:00 horas. 

Prezos diarios: o prezo do programa é completo, non por días soltos. 

  • Atención educativa: 5 euros
  • Almorzo: 0,50 euros
  • Xantar: 3,5 euros
  • Servizo completo: 9 euros

Consultar a táboa de prezos e bonificacións (BOP nº 33 do 19/02/16 e no BOP nº 229 do 02/12/2016) para outras opcións. 

A listaxe provisional de admitidos/as publicarase a partir do 12 de marzo na web teo.gal e no taboleiro do Concello. 

O pagamento hai que formalizalo do 12 ao 22 de marzo. O comprobante de pagamento deberá ser entregado no Concello antes do 23 de marzo. Pódese enviar a cim@teo.gal. Se non se entrega o xustificante pérdese o dereito á praza. 

A listaxe definitiva de admitidos/as publicarase o 24 de marzo. 

Máis información nos seguintes teléfonos: 981.938.475 ou no 981.815.700. 

 

 

.