Diverteo Nadal 22.

Data presentación
Data presentación fin

LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS PARA O DIVERTEO DE NADAL 2022

Publícanse as listaxes provisionais de persoas admitidas no Diverteo de Nadal.

Información sobre as listaxes provisionais de solicitudes admitidas.

1. A adxudicación de pazas está identificada do seguinte xeito:
1.1. No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de entrada/22
1.2. No caso de presentación a través da sede electrónica do concello: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/22
1.3. No caso de presentación a través do Rexistro Electrónico Xeral da Administración Xeral do Estado: REGAGE últimos catro díxitos do número de rexistro/22
1.4. No caso de presentación a través do Rexistro da Xunta de Galicia: RX últimos catro díxito do número de rexistro/22
 

2. O período de pagamento é do 29 de novembro ata o 12 de decembro.
Desde o Concello remitirase por correo electrónico o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello.
En canto ao pagamento da autoliquidación poderá realizarse en ABANCA (ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático) ou na banca electrónica (en caso de ser cliente da dita Entidade). Así mesmo, pode realizarse a través da pasarela de pagos que o Concello de Teo ten coa Entidade financeira ABANCA no seguinte enlace (https://ovt.teo.gal/portalCiudadano) dentro do apartado pago telemático/mediante documento de pago. Poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira.
Para realizar os pagamentos por este procedemento debe introducir ou ben os números que figuran debaixo do código de barras do documento de pago e darlle a cargar datos (revise os datos antes de pagar) ou ben cubrir os datos de emisora, referencia, identificación e importe, que aparecen no documento de pagamento. A plataforma de pagamento pediralle toda a información necesaria. Unha vez completos os datos deberá darlle a pagar recibo e elixir pago con tarxeta e introducir os datos da mesma.
 

3. A listaxe de agarda confeccionase tendo en conta a prioridade das familias censadas no concello de Teo e a orde de inscrición. De producirse baixas ou a non matrícula de xeito correcto dalgunha persoa inicialmente admitida, poderanse completar as prazas vacantes coa orde no que están inscritas as crianzas neste listado de agarda. Para isto, comunicaráselle de xeito inmediato mediante chamada telefónica, e abrindo un prazo especial de 3 días para formalizar a matrícula. As baixas ou non matriculacións que se produzan con menos de tres días hábiles do comezo da actividade só se cubrirán con crianzas que teñan solicitado o mesmo centro no que se produciu a baixa.

Publicado en teo.gal o 23 de novembro de 2022.

DIVERTEO NADAL 22. INSCRICIÓN.

Abre o prazo para anotarse no Diverteo Nadal.

Dirixido a crianzas escolarizadas nun CEIP ou CRA que teñan entre 3 e 12 anos, preferentemente empadroadas no concello de Teo.
HORARIO:
Servizo completo: de 7:30 a 15:30 horas.
Servizo sen xantar: de 7:30 a 14:00 horas.
LUGAR:
CEIP de Calo, A Ramallosa e Os Tilos.
DATAS: do 23 ao 5 de decembro (10 días).
INSCRICIÓN: do 8 ao 22 de novembro.
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA:
Folla de inscrición.
Foto tamaño carné.
Fotocopia da tarxeta sanitaria.
DOCUMENTACIÓN OPCIONAL:
Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso).
Informe médico que corresponda en relación a enfermidades específicas que precisen dunha
atención especializada (de ser o caso).
Documentación xurídica suficiente para demostrar a retirada da garda e custodia a algún dos
proxenitores (de ser o caso).
Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).
Xustificación do acollemento (de ser o caso).
Declaracións da renda do exercicio 2021 ou certificado negativo relativo da obriga de
efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas
responsables legais (no caso de ter dereito a bonificación).
LISTAXE PROVISIONAL: 24 de novembro na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
IDENTIFICACIÓN DAS PARTICIPANTES NAS LISTAXES:
No caso de presentación presencial no rexistro do concello: número de rexistro de
entrada/22
No caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do
número de rexistro/22
1PAGAMENTO: do 29 de novembro ata o 12 de decembro.
Remitirase polo Concello, a través de correo electrónico, o documento de autoliquidación que se
utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello.
En canto ao pagamento da autoliquidación poderá realizarse en ABANCA (ben nas oficinas no
horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático) ou na banca electrónica (en caso de
ser cliente) da dita Entidade. Así mesmo, pode realizar o pago da mesma a través da pasarela de
pagos que o Concello de Teo ten coa Entidade financeira ABANCA no seguinte enlace
(https://ovt.teo.gal/portalCiudadano) dentro do apartado pago telemático/mediante documento de
pago. Para o pago poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade
financeira.
Para realizar os pagamentos por este procedemento debe introducir ou ben os números que
figuran debaixo do código de barras do documento de pago e darlle a cargar datos (revise os
datos antes de pagar) ou ben cubrir os datos de emisora, referencia, identificación e importe, que
aparecen no documento de pagamento. A plataforma de pagamento pediralle toda a información
necesaria. Unha vez completos os datos deberá darlle a pagar recibo e elixir pago con tarxeta e
introducir os datos da mesma.
Unha vez realizado o pagamento do mesmo deberá remitir ao departamento do CIM o xustificante
de pago do recibo, ben de xeito presencial ou no enderezo electrónico concilia@teo.gal.
LISTAXE DEFINITIVA: 16 de decembro na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
PREZO DIARIO:
Cada programa págase completo, NON por días soltos.
A utilización do servizo completo sen almorzo serán 8,50 diarios.
A utilización do servizo completo sen xantar serán 5,50 ao día.
A utilización do servizo, sen comedor (só atención educativa), será de 5,00 por día.
A utilización do servizo completo serán 9,00 € por día.
EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS:
As recollidas no artigo 6 da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos
de conciliación da vida laboral e familiar (BOP núm. 160, do 24 de agosto de 2021).
IMPORTANTE: NO CASO DE NON REALIZAR A INSCRICIÓN E O
PAGAMENTO NO TEMPO E NA FORMA ESTABLECIDOS, A RESERVA
DE PRAZA NON SERÁ EFECTIVA.