O Diverteo entroido 2021 é o programa de conciliación que se realizará os días 15, 16 e 17 de febreiro no CEIP da Ramallosa. O Diverteo está dirixido a crianzas escolarizadas nos CEIP e CRA entre 3 e 12 anos, preferencia para empadroadas en Teo.
Prazo de inscrición: Do 12 ao 22 de xaneiro. A inscrición hai que facela entregando a ficha no Rexistro do Concello de luns a venres de 8:00 a 14:00 horas ou a través da Sede electrónica.
Descarga aquí a ficha de inscrición.
Os horarios serán os seguintes:
- Servizo completo: 7:30 a 15:30 horas
- Sen xantar: 7:30 a 14:00 horas
O prezo por día é o seguinte (hai que facer o cálculo para cada programa. O prezo do programa é completo, non por días soltos):
- Atención educativa : 5,00 €
- Almorzo: 0,50 €
- Xantar: 3,50 €
- Servizo completo: 9,00 €
Consultar a táboa de prezos e bonificacións (BOP núm. 33, do 19/02/16, e no BOP núm. 229, do 02/12/2016) para outras opcións.
Listaxe provisional de admitidos/as: a partir do 26 de xaneiro na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do Concello.
Pagamento: do 26 de xaneiro ata o 3 de febreiro. O comprobante de pago hai que entregalo no Concello ata o 4 de febreiro. Se non se entrega o xustificante pérdese o dereito á praza.
Listaxe definitiva: A partir do 8 de febreiro, e chamamento ao listado de agarda.
Máis información sobre o programa no 981 815 700 ou no CIM de Teo 981 938 475.