Diverteo Agosto 2019

Data presentación
Data presentación fin

O servizo de conciliación Diverteo funciona nos períodos de vacacións escolares. Está destinado a nenos e nenas escolarizados nos CEIPs e CRA entre 3 e 12 anos, con preferencia para os empadroados en Teo.

O lugar de celebración son os CEIPs de Calo, A Ramallosa e Os Tilos. O Diverteo de agosto farase só no colexio da Ramallosa e se conta cun mínimo de 15 participantes.

O horario do servizo completo é de 07:30 a 15:30 horas mentras que sen xantar é de 07:30 a 14:00 horas.

Diverteo agosto realízase en dúas quendas: 

  1. Primeira quenda: do 1 ao 14 de agosto.

  2. Segunga quenda: do 16 ao 30 de agosto.

inscrición para o Diverteo Agosto está aberta do 6 de maio ao 28 de xuño. Deben entregar a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello dentro dese prazo.

listaxe provisional publicarase o 4 de xullo na web e no taboleiro do Concello.

pagamento farase ata o 11 de xullo podendo entregar o xustificante de pago ata o 16 de xullo.

listaxe definitiva publicarase o 18 de xullo.

Prezos diarios:

  • Atención educativa: 5 euros

  • Almorzo: 0,5 euros

  • Xantar: 3,5 euros

  • Servizo completo: 9 euros

Pódese consultar a táboa de prezos e bonificacións na  ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar e na modificación da Ordenanza do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación

Cada programa pagarase completo, non por días soltos.

Este programa está organizada polo Concello de Teo (Departamento de Igualdade). 

Para máis información poden chamar ao Concello de Teo (981.815.700//981.809.707) e preguntar polo CIM.