CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO E DEPORTISTAS FEDERADOS/AS POLAS ACTIVIDADES REALIZADAS DURANTE O ANO 2016

Data presentación

Publícanse no BOP as bases reguladoras para a convocatoria de subvencións a clubs deportivos sen ánimo de lucro e deportistas federados/as polas actividades realizadas durante o ano 2016, con cargo á partida 340/480.00 do orzamento de 2016 por un importe total de 28.000 euros, dos que 6.500 euros se destinarán ás solicitudes formuladas por deportistas federados/as. 

 

Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación do deporte, a promoción da práctica deportiva, a creación de canteiras de deportistas no Concello de Teo, tanto a curto como a longo prazo, impulsando ademais deste xeito formas de ocio alternativo.

Consulta as bases completas da convocatoria: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/06/14/2016_0000004864.html

As subvencións que se outorguen ao abeiro das presentes bases terán como finalidade:

a) Colaboración en gastos correntes derivados da realización de actividades de participación e/ou promoción deportiva por parte dos suxeitos mencionados no artigo 2º das presentes Bases e, dos gastos de conservación, mantemento ou reparación menores, que non teñan o carácter de investimento, necesarios para o desenvolvemento destas no ano 2016.

b) Gastos ocasionados pola organización de eventos deportivos durante o ano 2016 dentro do territorio municipal.

c) Aqueles clubs que reciban unha subvención nominativa non poderán concorrer a esta convocatoria co mesmo obxecto de solicitude.

d) Non serán gastos subvencionables:

— Os xuros debedores de contas bancarias.

— Os xuros, recargos e sancións administrativas.

— Os gastos de procedementos xudiciais.

Dirixido:

Poden solicitar estas axudas:

- os clubs deportivos sen ánimo de lucro que participen en competicións oficiais e/ou que organicen e/ou promovan actividades deportivas, con domicilio social no Concello de Teo e inscritos no Rexistro de Asociacións Deportivas do Concello de Teo.

- os e as deportistas federados/as empadroados/as no Concello de Teo con anterioridade á aprobación destas bases, con licenza federativa en vigor e que participen en competicións de ámbito autonómico ou superior, incluídas nos calendarios das respectivas federacións. Non poderán solicitala todos aqueles deportistas que participen en competición federada por equipos con formato de liga regular.

- non poderán ter a condición de beneficiarias aquelas persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias numeradas no artigo 13.2 da Lei 38/2003.

Documentación:

Xunto coa instancia de solicitude debe presentarase a seguinte documentación:

1) CLUBS DEPORTIVOS:

a) Declaración responsable asinada polo/a representante do club facendo constar os equipos federados da tempada actual, indicando a categoría e os nomes e apelidos dos xogadores de cada equipo especificando cales están empadroados/as do concello de Teo (o que se comprobará de oficio polo Departamento de Deportes) (se é o caso).

b) Declaración responsable asinada/a polo/a representante do club na que se fará constar o persoal técnico (con nomes e apelidos) dedicado ás categorías de base e as súas titulacións (con fotocopia do título de maior nivel se é o caso).

c) Copia cotexada do CIF

d) Certificado da Federación correspondente onde figuren as categorías, o número de equipos e de licenzas do clube solicitante.

2) DEPORTISTAS FEDERADOS:

a) Copia cotexada da licenza federativa en vigor

b) Copia cotexada do DNI

c) Currículo deportivo

d) Certificación federativa onde figure a máxima competición oficial na que participou e o resultado obtido no ano 2015.

e) Certificación federativa onde figure a máxima competición oficial na que participou no ano 2014.

 

3) DOCUMENTOS COMÚNS A TODOS OS E AS SOLICITANTES (Clubs e deportistas):

a) Memoria descriptiva da actividade que se vai a desenvolver no ano 2016.

b) Orzamento detallado de gastos e ingresos previsto para o ano 2016.

c) Certificación bancaria da conta onde se efectuarán os pagamentos.

d) Certificación ou declaración responsable de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias e coa seguridade social impostas pola lexislación vixente.

e) Declaración responsable conforme o solicitante non está incurso en ningunha das causas de prohibición de percepción de subvencións ou axudas públicas mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003.

Nos puntos c), d) e e) no caso dos menores de idade serán os datos dos titores legais.

Lugar de solicitude:

A instancia de solicitude e a documentación correspondente presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Teo de luns a venres de 8.00 a 14.00 h e sábados de 9.00 a 13.00 h.

As solicitudes tamén poderán presentarse en calquera dos lugares aos que fai referencia o artigo 38.4 da Lei 30/92, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo:

O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días naturais, contados dende o día seguinte da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/06/14/2016_0000004864.html

En prazo de presentación: 15/06/2016 - 04/07/2016