CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS POLAS ACTIVIDADES REALIZADAS DURANTE O ANO 2016

Data presentación

Publícanse no Boletín Oficial da Provincia as bases da convocatoria de subvencións a entidades veciñais, polas actividades realizadas durante o ano 2016.

A finalidade é regular a concesión de subvencións destinadas a actividades organizadas ou promovidas por asociacións veciñais de igualdade e benestar durante ano 2016, con cargo á partida 230/480.00 do Orzamento de 2016, por un importe total de 7.500 euros.

 

Dirixido:

Serán beneficiarias ás asociacións veciñais, de igualdade e de benestar con ámbito de actuación no termo municipal do Concello de Teo para o desenvolvemento de actividades e programas de interese xeral.

Terán a consideración de actividades ou programas de interese xeral, para os efectos da presente convocatoria, aqueles que fomenten a participación cidadá como medio de mellora da calidade de vida e das relacións veciñais e que se potencie o desenvolvemento das persoas, das aldeas e das parroquias do Concello de Teo mediante actividades de carácter lúdico, social, culturas ou tempo libre.

Requisitos:

As entidades teran que cumprir as seguintes condicións:

1) Poderán concorrer a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións que cumpran os requisitos e as finalidades desta convocatoria e que fomenten a participación entre os/as veciños/as con ámbito de actuación no termo municipal do Concello de Teo.

2) Para ser beneficiarias das axudas as entidades veciñais deberán cumprir os seguintes requisitos:

• Estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Teo.

• Ter os seus estatutos adaptados á Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

• Non estar incursas as entidades ou as persoas que posúen a súa representación legal nalgún dos supostos de prohibición para obter a condición de beneficiarios de subvencións por incapacidade ou incompatibilidade, establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

• Estar ao corrente das súas obrigas coa Seguridade Social e coa Administración Tributaria, e non ser debedor do Concello de Teo por calquera tipo de débeda de dereito público vencida, líquida e esixible por vía de prema.

• Ter debidamente xustificados os gastos correspondentes a subvencións concedidas e percibidas con anterioridade dende o Concello de Teo, así como non ter aberto ningún procedemento de reintegro das cantidades percibidas por algunha das causas previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

• Achegar coa solicitude para concorrer na convocatoria a documentación que se detalla nestas bases reguladoras.

3) Os beneficiarios das axudas adquiren as seguintes obrigas:

• Realizar as actividades ou proxectos e cumprir os fins ou propósitos que fundamentan a concesión da subvención.

• Acreditar diante do Concello de Teo a realización da actividade, proxecto e cumprimento do seu fin. Deberá comunicarse calquera cambio que se faga en actividades subvencionadas en canto a horario, frecuencia, ou calquera outra alteración substancial da mesma.

• Facer constar en toda a publicidade e difusión das actividades e programas subvencionados a colaboración do Concello de Teo.

• Cumprir as condicións que se determinan nestas bases e na concesión da subvención ou axuda.

• Someterse ás actuacións de comprobación dos servizos correspondentes por razón da materia e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral do Concello de Teo.

• Comunicarlle ó Concello de Teo a obtención de axudas ou subvencións para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración pública ou de particulares ou entidades privadas, así como doutros ingresos ou recursos que financien a actividade.

Non poderán ter a condición de beneficiarios aquelas persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias enumeradas no artigo 13.2 da Lei 38/2003.

Documentación:

1) A solicitude normalizada da convocatoria (Anexo I) xunto coa documentación que se recolle na base anterior deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Teo, que irá acompañada dos seguintes documentos:

a) Documento asinado polo/a representante da entidade facendo constar as actividades desenvolvidas e a relación nominal de participantes.

b) Copia cotexada do CIF, so necesaria no caso de non estar depositada no concello.

e) Certificación bancaria da conta onde se efectuarán os pagamentos.

f) Declaración xurada conforme o solicitante non está incurso en ningunha das causas de prohibición de percepción de subvencións ou axudas públicas mencionadas no artigo 13 da Lei 38/2003.

No caso de solicitudes defectuosas ou incompletas, concederase un prazo de 10 días para a súa corrección, arquivándose sen máis trámites de non se emendaren os defectos en dito prazo.

As solicitudes deberán conter unha ficha de cada actividade. Esta ficha terá os datos completos da actividade e os datos de financiamento da mesma (anexo II) e unha ficha para a entidade (anexo I). Casa entidade deberá indicar para que concepto se pide a axuda.

Lugar de solicitude:

A solicitude normalizada da convocatoria xunto coa documentación que se recolle nas bases deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Teo.

Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

En prazo de presentación: 15/06/2016 - 29/06/2016