Convocatoria de selección dun/ha traballador/a forestal. Aprol Rural 21

Data presentación

RESULTADO DO PROCESO SELECTIVO

Publícanse os resultados da fase de oposición do proceso selectivo para a contratación dun/ha traballador/a forestal para o Concello.

Consulta aquí o resultado

En virtude dos resultados obtidos, en de acordo coas bases que rexen a convocatoria, o tribunal propón á alcaldía a contratación de D. Martín Fernández Carbia como traballador forestal para o Concello de Teo. 

Publicado en teo.gal o 23 de xullo de 2021. 

BAREMACIÓN E DATA DA PROBA PRÁCTICA 

Publícase o resultado da baremación do proceso selectivo para a contratación dun/ha traballador/a forestal para o Concello. 

Consulta aquí a baremación. 

O tribunal empraza ás persoas aspirantes, para a realización da proba práctica, na aula de informática do Concello de Teo, ubicada no Auditorio Municipal Constante Liste, rúa da Lagoa nº 2, o venres 23 de xullo ás 12:15 horas. As persoas aspirantes deben traer do documento de identidade. 

Publicado en teo.gal o 21 de xullo de 2021. 

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha persoa como traballadora forestal para o Concello de Teo.

Consulta aquí a lista definitiva de aspirantes.

Convócase ao tribunal para o mércores 21 de xullo ás 09:00 horas co obxecto de proceder á baremación dos méritos achegados polos/as aspirantes.

Publícanse as Bases que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, dunha persoa para ocupar o posto de traballadora forestal ao abeiro do programa Aprol Rural 21 no Concello de Teo.

Contratarase a unha persoa como traballadora foretal a xornada completa (9) meses.

Selección das persoas aspirantes:

O Concello de Teo presentará a correspondente oferta de emprego na oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia Santiago - Norte, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos e características que debe reunir á persoa traballadora a contratar conforme a anterior base segunda. O Servizo Público de Emprego de Galicia realizará unha sondaxe de demandantes de emprego en función das características da oferta presentada atendendo á maior adecuación ao posto de traballo ofertado e remitiralle á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local desta entidade unha listaxe coas persoas preseleccionadas, para que esta proceda ao contacto e as cite no concello, onde as persoas interesadas recollerán as bases.

Consulta aquí as bases completas da convocatoria.

Publicado en teo.gal o 20 de xullo de 2021.