Convocatoria da praza de xefe/a de instalacións e redes de Augas de Teo

Data presentación
Data presentación fin

O Concello de Teo publica no BOP do 18/04/17 o anuncio de convocatoria de praza de xefe/a de instalacións e redes do Servizo Municipal de saneamento e abastecemento do Concello de Teo.

É obxecto da presente convocatoria, e bases reguladoras da mesma, a selección, por parte do Concello de Teo, en réxime laboral temporal, e baixo a modalidade de interinidade, do persoal que deseguido se relaciona: 1 Xefe/a de instalacións e redes. 

Dito persoal será destinado á cobertura das necesidades laborais que, no servizo municipal de abastecemento e saneamento, con motivo da asunción, por parte do Concello de Teo, da súa xestión directa nos termos acordados polo Pleno Municipal na sesión ordinaria do 26 de marzo de 2015 se teñen xerado. Esta cobertura que, con arranxo ás características profesionais e funcionais definidas na base terceira, e coa finalidade da plena efectividade de dito acordo, particularmente do cumprimento do prazo no mesmo previsto para a asunción da xestión directa de dito servizo que, asemade, e segundo o previsto na propia normativa de réxime local, reviste carácter esencial, resultando urxente e inaprazable.  

Para poder participar no presente proceso selectivo, será necesario reunir os requisitos, que se indican a continuación, e referidos á data de finalización do prazo de presentación de instancias para tomar parte en dito proceso:

a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que aspira, sen que se padeza enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións a desenvolver. O cumprimento deste requisito acreditarase mediante certificado médico oficial.

c) Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Estar en posesión do título, ou estar en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias, que a continuación se indica:

A titulación requerida para a cobertura do posto de xefe/a de Instalacións e redes é a seguinte: Título de Nivel 2 (do Marco Español de cualificacións para o Ensino Superior) en Enxeñería (en calquera especialidade)

e) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais o estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta, ou especial, para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso á función pública, ou para o exercicio de funciones similares ás que desempeñaban (no caso del persoal laboral), no que tivese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, no estar inhabilitado,u o en situación equivalente, ni ter sido sometido a sanción disciplinaria, ou equivalente, que impida, no seu Estado e nos mesmos termos, o acceso al emprego público.

f) Non estar incurso en causa de incompatibilidade de conformidade co establecido na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, e normativa concordante e aplicable ao respecto.

g) Acreditar o coñecemento de lingua galega de conformidade co previsto na normativa de aplicación e con arranxo ao especificamente requirido para cada unha das tipoloxías de persoal a seleccionar; acreditación que se realizará conforme ao Sistema de Certificación de Lingua galega (CELGA) actualmente vixente, ou as súas certificacións equivalentes, debidamente homologadas polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia

Presentación solicitudes

As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo, conforme ao modelo que figura como ANEXO I das presentes bases, dirixiranse ao sr. Alcalde do concello de Teo, e presentaranse no rexistro xeral do Concello, en horario de oficina, no prazo de quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP da Coruña.

As solicitudes tamén poderán presentarse por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Neste caso, deberá comunicarse ao Concello a remisión da solicitude dentro do prazo de presentación de instancias, por fax, email, ou calquera outro medio polo que quede debidamente acreditado.

Xunto coa solicitude, os/as aspirantes deberan achegar a seguinte documentación, que deberá presentarse en documento orixinal ou copia debidamente cotexada.

– Fotocopia do DNI, pasaporte ou documento de identificación equivalente e acreditativo da nacionalidade do/a aspirante.

– Copia cotexada da Titulación esixida nas bases, ou, no seu defecto, o xustificante de ter aboado os dereitos para a súa expedición.

– Sinatura de Declaración responsable de que cumpren todos os requisitos necesarios para presentarse ao proceso selectivo (Declaración xa incluída no modelo de solicitude do Anexo I)

– Relación dos méritos alegados, documentalmente acreditados e coa orde que se fixa, nas presentes bases, no apartado regulador da fase de concurso.

Á relación de méritos acompañaranse dos documentos xustificativos/acreditativos dos mesmos (orixinais ou copias debidamente cotexadas). Non se terán en conta, nin serán obxecto de valoración, aqueles méritos que non queden debidamente acreditados, conforme aos criterios sinalados nas presentes bases, dentro do prazo de presentación das instancias.

– Xustificante do ter pagado os dereitos de exame que, de acordo coa ordenanza fiscal reguladora, ascenden a 25 €. En dito xustificante deberá constar o nome e apelidos do/a aspirante. A ausencia do abono dos dereitos de exame, dentro do prazo de presentación de instancias, determinará a exclusión do/a aspirante. En todo caso, compre precisar que, en ningún caso, a presentación e pago da taxa por dereitos de exame suporá a substitución do trámite de presentación da correspondente instancia.

– Acreditación do coñecemento da lingua galega, de acordo co nivel requirido (CELGA), no seu caso, e con arranxo aos criterios sinalados nas presentes bases.

Consulta aquí as bases completas da convotaria

Descarga aquí a instancia de solicitude para participar no proceso selectivo

Publicado en teo.gal o 18/04/2017