Concesión de subvencións directas a familias vulnerables usuarias dos comedores das EIMs durante o peche das escolas

Data presentación
Data presentación fin

Publícase a concesión de subvencións directas a familias vulnerables usuarias dos comedores escolares das escolas infantís municipais durante o período de peche destas pola crise sanitaria da Covid-19.

O Concello de Teo solicitou á Consellería de Política Social unha axuda extraordinaria para a concesión de axudas ás familias vulnerables beneficiarias de bonificación no servizo de comedor escolar das escolas infantís municipais, que se recoñeceu con data 28 de decembro de 2020.

Estas axudas van dirixidas a familias que fosen usuarias do servizo de comedor escolar no momento no que se produciu o peche das escolas por causa da crise sanitaria da COVID-19 e que tivesen unha renda per cápita familiar inferior ao 125% do IPREM.

Para maior axilidade do proceso de concesión das axudas decidiuse proceder de oficio tendo en conta a información xa dispoñible por parte desta administración local. De tal forma que as familias beneficiarias recibirán unha carta informativa respecto da contía que lle foi recoñecida. 

Estas subvencións concederonse baixo os seguintes criterios:

  • Distínguense dúas categorías, as persoas que tivesen renda inferior ao 75% do IPREM e as que estivesen entre o 75% e o 125% do IPREM.

  • No primeiro caso a contía é de 2,5€/día e no segundo de 1,5€/día.

  • Os días tidos en conta para a concesión foron un máximo de 115, o que se corresponde co número de días lectivos nos que o comedor escolar estivo pechado (inicio do peche 16 de marzo, fin do peche 31 de agosto)

  • A este cómputo descontáronselle os días pendentes de desfrutar vacacións correspondentes ao curso 2019-2020.

Podes consultar aquí o listado de concesión de subvencións

As persoas beneficiais deben presentar no rexistro xeral do concello antes do 30/03/2021 o documento que foi remitido coa carta informativa e tamén está dispoñible premendo aquí e nas EIM.