Campaña de esquí. Teo 2018

Data presentación
Data presentación fin

O Concello de Teo participa, como cada ano, na campaña de esquí que organiza a Deputación da Coruña. Esta actividade, que pretende fomentar o deporte entre os/as máis pequenos/as.

Dirixido a: nenos/as empadroados/as en Teo nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007.

Número de prazas: 8 prazas. Terán preferencia as persoas que non foran a ningunha campaña de neve da Deputación.

Lugar de celebración da actividade: Estación invernal de Cabeza de Manzaneda.

Datas: do 09/03/2018 ao 12/03/2018.

Prezo: 85 euros por participante. Inclúe: transporte,  estancia, manutencióin, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos na estación e actividades varias. 

Inscrición: no Rexistro xeral do Concello ata o 16 de xaneiro ás 14:00 horas. No caso de mandar a solicitude por correo ordinario ou por outra vía oficial deberá adiantarse o xustificante de presentación por fax (981.809.401) ata o mesmo día de remate da inscrición (16 de xaneiro).

Unha vez rematado o prazo de inscrición e, se o número de solicitudes é maior ca o número de prazas asignadas, realizarase un sorteo público o día 18 de xaneiro ás 13:00 horas na Casa do Concello. Terán preferencia os/as rapaces/as que non foron a ningunha campaña de neve da Deputación.

Máis información no Departamento de Deportes do Concello, no teléfono 981.815.700, no correo electrónico deportes@teo.gal ou na web da Deputación.