Campamentos rurais en xullo. Mocidade.

Data presentación
Data presentación fin

PAGAMENTO DOS CAMPAMENTOS RURAIS

Publícase a listaxe definitiva dos campementos rurais con data 28 de xuño que podes consultar premendo aquí

Dende o departamento de Mocidade indican que ao quedar prazas libres nos campamentos rurais se hai alguén interesada en anotarse poden facelo ata unha semana antes do comezo da actividade. Deben presentar a ficha de inscrición por rexistro ou por sede electrónica

O pagamento dos campamentos rurais hai que facelo do 28 de xuño ao 2 de xullo. O custe é de 20 euros por actividade. 

Consultar exencións e bonificacións no BOP nº. 195, do 13/10/2011 e no BOP nº 12 do 20/01/2020.

O pago pode realizarse en oficina bancaria ou por transferencia a través da banca dixital. 

Os número de conta do Concello nos que pode facer o pago dos campamentos rurais son os seguintes: 

SABADELLGALLEGO Nº DE CONTA: ES03-0081-2154-71-0001001109

ABANCA Nº DE CONTA: ES19-2080-0318-19-3110000099

Unha vez realizado o pago hai que enviar o xustificante de pago ao correo electrónico mocidade@teo.gal.

Tamén podes descargar aquí a folla de autoliquidación para facer o pagamento. 

Publicado en teo.gal o 28 de xuño de 2021. 

LISTAXES DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS NOS CAMPAMENTOS RURAIS

Consulta aquí as listaxes

Dende Mocidade informan que dado que quedan prazas vacantes ata o 27 recóllense novas solicitudes, sempre por sede electrónica ou por rexistro.

As listaxes definitivas publicaranse o 28 de xuño, data na que comeza o prazo de pago. As persoas que están na lista de admitidas con data 21 de xuño teñen a praza garantida ao ter presentada a solicitude en prazo. Se dende hoxe ao 27 houbera máis solicitudes ca vacantes habería que realizar un sorteo público entre estas novas solicitudes.

Publicado en teo.gal o 21 de xuño de 2021.

Mocidade presenta neste verán do 2021 os Campamentos rurais para rapazada durante o mes de xullo. 

Destinatarios/as: nenos e nenas nados entre os anos 2010 e 2004 empadroados no Concello de Teo.

Horario: de luns a venres de 12:00 a 16:00 horas, cun descanso para comer.  A comida corre por conta da persoa participante. 

Inscrición: vai do 7 de xuño e vaise prolongar ata o día 17. Para anotarse hai que entregar a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede electrónica. No caso de haber máis solicitudes ca prazas, procederase á realización dun sorteo o día 21 de xuño.

A lista definitiva farase pública o 25 de xuño e o período de pagamento establecerase entre o 28 de xuño e o 2 de xullo.

As listaxes publicaranse cun código (nº de rexistro) para evitar a publicación de datos persoais. 

Cota: o custe é de 20 euros por actividade. O pagamento farase do 28 de xuño ao 2 de xullo. 

Asemade, é posible solicitar transporte para asistir a actividade, pero deberá indicarse na ficha de inscrición para poder xestionar o servizo correctamente. 

Programa de actividades

Semana do 5 ao 9 Escola ecoloxista na aula de Oza. No marco desta iniciativa organizaranse rutas de sendeirismo por diferentes lugares do concello, co foco posto en distintas estratexias de supervivencia -orientación, pequenas construcións na natureza...- e abordaranse distintas temáticas relacionadas coa mellora do ambiente.

Semana do 12 ao 16 Parkour no parque municipal de Calo. Cinco días para iniciarse nos xogos e dinámicas propias do Parkour ademais de obradoiros, como pintada de camisetas. Require uso de material especializado, pero o alumnado só debe levar roupa cómoda.

Semana do 19 ao 23 Teatro na Casa Común de Rarís. Obradoiro de iniciación ao teatro mediante a improvisación, a toma de confianza, dinámicas de grupo e a representación.

Semana do 26 ao 30 Circo. Nesta última semana as acrobacias, os saltos, os malabares, equilibrios, clown serán os protagonistas de xornadas moi divertidas. Realizarase no parque de Campos en Teo. 

Descarga aquí a ficha de inscrición. 

 

campamentos rurais