CAMPAMENTOS DE VERÁN. CONCELLO DE TEO

Data presentación
Data presentación fin

Estando próximo a rematar o prazo de presentación de proposicións faise público que de acordo cos pregos de rexen o proceso de licitación, a mesa de contratación estará integrada polos seguintes membros:

Presidente: alcalde ou concelleiro que legalmente o substitúa.

Vogais:

-Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do Concello de Teo.

-Mónica I. Lado Varela, interventora do Concello de Teo.

-Ignacio Iglesias Villar, concelleiro de benestar social e igualdade.

-Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro do grupo municipal mixto.

Secretaria: M.ª Pilar Sueiro Castro, adxunta a secretaría do Concello de Teo.

No caso de que algún dos membros da mesa non puidese asistir ás reunións desta, serán substituídos polos suplentes que se indican: a secretaria e a interventora polo/a funcionario/a que legalmente as substitúan; o concelleiro de benestar social e igualdade, por D.ª M.ª Pilar Pérez Fagil, concelleira de educación e a secretaria de mesa por D. Jesús Naveira Vázquez, xefe dos servizos adminsitrativos.

Así mesmo faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación administrativa” o día 7 de abril, ás 09:00 horas nas dependencias municipais.

A apertura do sobre B “Proxecto técnico” efectuarase o día 11 de abril, ás 09:00 horas en acto público na Casa do Concello.

A apertura do sobre C “Proposición económica” efectuarase o día 24 de abril, ás 09:00 horas en acto público na casa do Concello.

Publicado no Perfil de Contratante o día 31 de marzo de 2017.

 

En data 1 de marzo de 2017 (BOP nº 41) publicouse a licitación do servizo de CAMPAMENTOS DE VERÁN. CONCELLO DE TEO e detectado un erro na cláusula II.5) do Prego de prescricións técnicas, referido á contía mínima establecida no seguro de accidentes con cobertura por falecemento, invallidez e asistencia sanitaria, procedeuse a corrección do referido erro mediante Resolución da Alcaldía de data 15 de marzo de 2017, na forma que se indica:
Redacción orixinaria:
II.5) Pólizas de seguro.
O contratista adxudicatario deberá dispoñer de pólizas de seguro de responsabilidade civil e accidentes, que cubra todas as actividades que se desenvolvan nos campamentos, tanto para os seus traballadores adscritos á prestación de servizo, obxecto de contratación, como para menores participantes, coas seguintes coberturas:
Seguro de accidentes con cobertura por falecemento, invalidez e asistencia sanitaria, cunha contía mínima de 300.000,00 euros.
Seguro de responsabilidade civil, cunha contía mínima de 300.000,00 euros.
 
O contratista adxudicatario poderá incluír nas citadas pólizas de responsabilidade civil e accidentes determinadas franquías; con todo, nos supostos de danos por baixo das franquías establecidas nas citadas pólizas, como naqueles en que excedese o importe asegurado, será de conta do contratista adxudicatario a indemnización que puidese corresponder, quedando expresamente exonerada a Concellería de Benestar Social e Igualdade e, por extensión, o Concello de Teo, de calquera tipo de responsabilidade respecto diso e en relación coa persoa ou bens danados.
 
Redacción corrixida:
II.5) Pólizas de seguro.
O contratista adxudicatario deberá dispoñer de pólizas de seguro de responsabilidade civil e accidentes, que cubra todas as actividades que se desenvolvan nos campamentos, tanto para os seus traballadores adscritos á prestación de servizo, obxecto de contratación, como para menores participantes, coas seguintes coberturas:
Seguro de accidentes con cobertura por falecemento, invalidez e asistencia sanitaria.
Seguro de responsabilidade civil, cunha contía mínima de 300.000,00 euros.
 
O contratista adxudicatario poderá incluír nas citadas pólizas de responsabilidade civil e accidentes determinadas franquías; con todo, nos supostos de danos por baixo das franquías establecidas nas citadas pólizas, como naqueles en que excedese o importe asegurado, será de conta do contratista adxudicatario a indemnización que puidese corresponder, quedando expresamente exonerada a Concellería de Benestar Social e Igualdade e, por extensión, o Concello de Teo, de calquera tipo de responsabilidade respecto diso e en relación coa persoa ou bens danados.
 
Así mesmo faise constar que se abre de novo o prazo de presentación de proposicións que, de conformidade co establecido na cláusula 8 do Prego de cláusulas administrativas, será de 15 días naturais, contados dende a publicación deste anuncio no BOP.
 
Teo, 15 de marzo de 2017
O alcalde,
Rafael C. Sisto Edreira
 
Publicado no Perfil de Contratante o día 15 de marzo de 2017 e no BOP nº 53 do 20 de marzo de 2017.

Estando próximo a rematar o prazo de presentación de proposicións faise público que de acordo cos pregos de rexen o proceso de licitación, a mesa de contratación estará integrada polos seguintes membros:
 
Presidente: alcalde ou concelleiro que legalmente o substitúa.
 
Vogais:
-Virginia Fraga Díaz, secretaria xeral do Concello de Teo.
-Mónica I. Lado Varela, interventora do Concello de Teo.
-Ignacio Iglesias Villar, concelleiro de benestar social e igualdade.
-Manuel Anxo Fernández Baz, concelleiro do grupo municipal mixto.
 
Secretaria: M.ª Pilar Sueiro Castro, adxunta a secretaría.
 
No caso de que algún dos membros da mesa non puidese asistir ás reunión desta, serán substituídos polos suplentes que se indican: a secretaria e a interventora polo/a funcionarios/as que legalmente as substitúan; o concelleiro de benestar social e igualdade, por D.ª M.ª Pilar Pérez Fagil, concelleira de educación e a secretaria de mesa por D. Jesús Naveira Vázquez, xefe dos servizos adminsitrativos.
 
Así mesmo faise público que a mesa de contratación constituirase para a apertura do sobre A “Documentación administrativa” o día 27 de marzo, ás 09:00 horas nas dependencias municipais.
 
A apertura do sobre B “Proxecto técnico” efectuarase o día 30 de marzo, ás 09:00 horas en acto público na Casa do Concello.
 
Publicado no Perfil de Contratante o día 10 de marzo de 2017.
 
 
Por Resolución da Alcaldía do 22/02/17 aprobouse o expediente de contratación,  mediante procedemento aberto, con varios criterios de valoración, para a adxudicación do servizo de CAMPAMENTOS DE VERÁN. CONCELLO DE TEO,  de acordo coas seguintes características:
 
1.–Entidade adxudicadora
a) Organismo: Concello de Teo
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral
c) Número de expediente: 2017/S-3
 
2.–Obxecto do contrato e duración:
a) Tipo de contrato: Contrato de servizos
b) Descrición do obxecto: Organización dos campamentos de verán, Concello de Teo. Código CPV – 92300000-4
c) Duración do contrato: dous anos, podendo ser prorrogado por anos, sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, poida exceder de catro anos.
 
3.–Tramitación, procedemento e forma de adxudicación
a) Tramitación: ordinaria
b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración
 
4.–Tipo de licitación:
a) Valor estimado do contrato: 174.600,00€
b) Prezo base de licitación: 48.015,00€ anuais, IVE engadido (43.650,00€ anuais, sen IVE, máis 4.365,00€ anuais de IVE)
 
5.– Clasificación e acreditación da solvencia:
a) Clasificación: Non se esixe
b) Acreditación da solvencia económica e  financieira e a solvencia técnica: A solvencia económica e  financieira e a solvencia técnica acreditaranse de acordo co establecido no apartado C) da cláusula 7 do Prego de cláusulas administrativas
 
6.- Garantías:
a) Provisional: non se esixe.
b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación
 
7.–Obtención de documentación. Concello de Teo-Secretaría Xeral. Trav. da Ramallosa, 38, Lucí, 15883 Teo. Teléfono 981 815700. Fax 981 809401. Páxina web do Perfil de contratante: www.teo.gal
 
8.– Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.
a) Data e lugar de presentación: No rexistro xeral do Concello (Travesía da Ramallosa, 38 – Lucí-Teo), de 9 a 14 horas, dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia
b) Documentación a presentar:
A documentación presentarase en sobres pechados e asinados polo licitador:
- Sobre “A”, subtitulado “Documentación administrativa”: conterá a documentación esixida na cláusula 8 do Prego de cláusulas administrativas.
- Sobre “B”, subtitulado “Proxecto técnico”, incluirá proxecto técnico, no que se describa a forma de prestación do servizo, e que deberá adaptarse ás especificacións establecidas no Prego de prescricións técnicas.
- Sobre “C”, subtitulado “Proposición económica”. Este sobre conterá a proposición económica conforme ao modelo que figura na cláusula 8 do Prego de cláusulas administrativas, e a memoria descritiva das melloras ofertadas polo licitador, de acordo co establecido no apartado c) da cláusula 10 do Prego de clausulas administrativas.
 
9.- Criterios de valoración:
De acordo co establecido na cláusula 10 do Prego de clausulas administrativas, os criterios de valoración das proposicións serán os seguintes:
a) Proposición económica: ata un máximo de 40 puntos
b) Proxecto técnico: ata un máximo de 50 puntos
c) Melloras directamente valorables: ata un máximo de 15 puntos
 
10.–Apertura das ofertas
O acto público celebrarase no lugar, data e hora que se sinale no Perfil de Contratante do Concello de Teo
 
11.–Máis información:
 Secretaría Xeral do Concello de Teo ou no Perfil de Contratante (www.teo.gal).
 
12.–Pregos
Son de aplicación os Pregos de cláusulas administrativas e de condicións técnicas aprobados pola Resolución da Alcaldía de data 22/02/17
 
Teo, 22 de febreiro de 2017
O alcalde,
Rafael C. Sisto Edreira
 
Publicouse no BOP nº 41 do 1 de marzo de 2017 e no Perfil de Contratante o mesmo día.