Campamento infantil de verán

Data presentación
Data presentación fin

LISTAXE PERSOAS ADMITIDAS CAMPAMENTO INFANTIL

Con data 16 de xuño publícase a listaxe definitiva de persoas admitidas no campamento infantil

Consulta aquí a listaxe. 16 de xuño. 

Para comprobar a admisión debes cotexar a listaxe co número de rexistro de entrada da solicitude.

Pagamento: do 17 de xuño ao 30 de xuño, unha vez comprobada a admisión hai que pagar a cota de 90 euros. Consultar exencións e bonificacións no BOP nº. 195, do 13/10/2011 e no BOP nº 12 do 20/01/2020.

Descarga aquí a folla para a autoliquidación. 

Unha vez feito o pago hai que entregar o xustificante de pago no Departamento de Deportes do Concello. O xustificante pódese enviar por correo a deportes@teo.gal Se o día 30 de xuño non está depositado no Concello o xustificante de pagamento enténdese que se renuncia á praza.

Publicado en teo.gal o 16 de xuño de 2021. 

LISTAXES PERSOAS ADMITIDAS

Publícase a listaxe de persoas admitidas no campamento xuvenil. Para comprobar a admisión debes cotexar a listaxe co número de rexistro de entrada da solicitude.

Consulta aquí o listado completo. 9 de xuño. 

Nesta listaxe aparecen as persoas que presentaron a solicitude no prazo inicial e cumpren cos requisitos e xa teñen o dereito á praza. 

Á vista de que quedan vacantes dende Mocidade decidiuse seguir recollendo inscricións ata o día 15 de xuño. No caso de que as novas solicitudes que entren ata esa data superen o número de vacantes que quedan na actualidade faríase un sorteo o 16 de xuño, só para as novas solicitudes. Publicaríase a listaxe definitiva o 16 de xuño e a partir desa data farase o pagamento. 

Publicado en teo.gal o 9 de xuño de 2021. 

Ábrese a inscrición para o Campamento infantil de verán que se celebrará no albergue de Santa Cruz en Oleiros do 12 ao 20 de agosto.

Está dirixido a persoas mozas nadas entre o 2009 e 2014 empadroadas no Concello de Teo.

Número de prazas: 103 + 5 para emerxencia social.

Cota de inscrición: 90 euros. Consultar exencións e bonificacións no BOP nº. 195, do 13/10/2011 e no BOP nº 12 do 20/01/2020.

Documentación: ficha de inscrición e unha foto actual de carné.

Reserva de praza: no Rexistro Xeral do Concello (preferiblemente por Sede Electrónica), do luns 24 de maio ao venres 4 de xuño ou en calquera dos lugares aos que fai referencia o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de que as solicitudes se envíen por correo postal, deberá xustificarse co resgardo correspondente, a data de imposición do envío na oficina de Correos, e debe anunciarse ao Concello a remisión da solicitude por correo electrónico (deportes@teo.gal) no mesmo día. Sen a concorrencia de ambos requisitos non será admitida a solicitude de presentación.

As listaxes publicaranse co número de rexistro de entrada no concello (nº de rexistro/21), evitando deste xeito a publicación de datos persoais das persoas solicitantes.

Listaxe de solicitudes presentadas: estará exposta no taboleiro do Rexistro Xeral do Concello e na páxina www.teo.gal a partir do día 9 de xuño.

Sorteo: venres 11 de xuño ás 12.00 h na Casa do Concello, no caso de haber máis solicitudes ca prazas.

Listaxe de persoas admitidas: estará exposta no taboleiro do Rexistro Xeral do Concello e na páxina www.teo.gal a partir do día 16 de xuño.

Toda aquela persoas que desexe renunciar á súa praza deberá comunicalo por rexistro ou por correo electrónico en deportes@teo.gal

Pagamento: do 17 de xuño ao 30 de xuño, unha vez comprobada a admisión. Entregar o xustificante de pago no Departamento de Deportes do Concello. O xustificante pódese enviar por correo a deportes@teo.gal Se o día 30 de xuño non está depositado no Concello o xustificante de pagamento enténdese que se renuncia á praza, polo que se chamará ás solicitudes da listaxe de agarda.

Reunión informativa: fíxase o martes 6 de xullo ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Constante Liste unha reunión coas familias para informar sobre o funcionamento da actividade.

Maís información no teléfono 881 974 802 ou escribindo a deportes@teo.gal