Cacharelas 2021

Data presentación
Data presentación fin

Publícase a solicitude para a realización das fogueiras de San Xoán

Podes descargar a solicitude premendo aquí

No impreso, que debe presentarse por rexistro ou por sede electrónica, indicaranse os datos persoais e de contacto do/a promotor/a da cacharela. Tamén se especificará o enderezo exacto da súa celebración. 

Así mesmo a persoa solicitante comprométese a cumprir estritamente todas e cada unha das condicións de seguridade que determinen para esa data as autoridades sanitarias e administrativas en relación coa COVID-19 (aforo, distanciamento social, etc.) e as normas de seguridade que de seguido lles lembra o Departamento de Medio Ambiente do Concello de Teo.

NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO PARA AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN

  1. A persoa solicitante será responsable do cumprimento das presentes Normas
  2. O volume do combustible da fogueira non sobrepasará os 8 metros de perímetro e os 3 metros de altura.
  3. A separación entre as fogueiras e os edificios e árbores será como mínimo de 12 metros
  4. Terase especial coidado de non situar as fogueiras baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables.
  5. Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites, etc, e en xeral de calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico.
  6. En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), aínda que estean baleiros.
  7. No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso público de lousa, as persoas organizadoras encargaranse de protexer o pavimento cunha capa de area de, cando menos, 10 cms.
  8. Ao finalizar a fogueira e antes de abandonar o lugar da mesma, as persoas responsables da organización coidarán de que as cinzas queden totalmente apagadas e comprométense a retirar do lugar da celebración todos os restos que queden nun prazo máximo de 48 horas.